Venres. 17.05.2024
El tiempo

O Museo do Mar de Laxe serve tamén de punto de información turística

O Museo do Mar de Laxe serve tamén de punto de información turística

Un dos concellos que máis miran pola atención ao turista é o de Laxe. Así o refrenda o feito de contar coa única praia da Costa da Morte con doble bandeira de calidade ou o fermoso dvd que vén de editar cos seus tesouros.

Nesa liña, este verán 2011 o Concello de Laxe disporá de dous puntos, xa que o novo museo do mar funcionará como tal. Nelas ofrecerase información turística no seguinte horario:

  • Oficina Municipal de Turismo: Avenida Cesáreo Pondal, 26 (Casa consistorial) de martes a domingo de 11:00 a 14:00 h e tardes do martes, mércores, venres, sábado e domingo de 17:30 a 20:30 h. Telefono: 981 70 69 65.
  • Museo do Mar: Rúa Pracer s/n (ó carón da Praza de Ramón Juega) os sábados e domingos de 11.00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00. Telefono: 981 73 53 93.

Museo do mar

A partires de outubro o Museo do Mar abrirá tamén fora do horario de apertura establecido para o inverno para grupos organizados que previamente o soliciten. O Concello de Laxe enviará unha carta o vindeiro curso aos colexios da zona invitándoos a que realicen excursión cos seus escolares a esta nova dependencia cultural do concello de Laxe.
Ata agora o museo vén de recibir excursións dos alumnos de infantil e primaria do Concello de Laxe, unha excursión de profesores da Coruña e máis outra de xubilados procedentes tamén da cidade da Coruña. Dende a primeira fin de semana posterior a semana santa e ata o día de hoxe pasaron polo museo unhas 600 persoas.

A intención do concello é que o museo sexa cada vez máis coñecido e sexa parada obrigada no verán e sobre todo no inverno para todas aquelas excursións que recalen na Costa da Morte.

Material de divulgación turística

Decátanse en Laxe da importancia de entregaren eses mapas completos, eses folletos informativos, aos turistas que visitan a bisbarra. Mentres noutros puntos como o Faro Fisterra apenas teñen fotocopias de rueiros, este verán, tódolos turistas que visiten Laxe disporán dunha gran colección de folletos propios do Concello de Laxe que os pon á cabeza das publicación turísticas na Costa da Morte: Guía turística de Laxe en galego, castelán e inglés; Itinerarios turísticos pola Costa da Morte dende Laxe; Rueiro e Guía de Servicios; Libriño de senderismo; Ruta dos Miradoiros do Concello de Laxe; Poster de Laxe; DVD turístico do Concello de Laxe; e tamén Salvamantel de información turística que está a disposición dos hostaleiros de Laxe e que é proporcionada tódolos anos polo concello de forma gratuíta.

Renovación

A vella caseta de información turística permanecerá pechada este ano ata a entrada en funcionamento a vindeira semana santa de 2012 da nova caseta de información turística dotada de máis espacio, e equipamento e mobiliario adecuado para prestar información turística. Dende o Concello de Laxe considerase que a actual caseta cumpriu un ciclo e que concellos máis consolidados turisticamente como o de Laxe necesitan de novas infraestructuras máis adecuadas para prestar o servicio de información turística. A caseta vella servirá a partir do vindeiro ano como almacén do material turístico do concello de Laxe.

A praia de Laxe: o motor turístico do Concello

"O maior motor turístico de Laxe é a súa praia". Así o teñen claro dende o Departamento de Turismo do Concello de Laxe que valora moi positivamenteo feito de que este verán 2011 conte con dous distintivos de calidade a bandeira azul e máis a Q de calidade turística. A de Laxe é unha das poucas praias de Galicia que dispoñen de Q de calidade turística (7 en total) o que ven certificar o excelente grao de prestación de equipamentos e servizos na praia.

A principios do mes de xullo a praia someterase a unha exhaustiva auditoría de calidade que esperan superar como ata agora con éxito. A auditoría de renovación da Q de calidade turística durará dous días completos e é ordenada polo Instituto para a calidade turística española.

A Q de calidade turística obriga, entre moitas outras cousas, a establecer tódolos anos un obxectivos a cumprir, entre os do ano pasado destaca a construcción dun baño fixo na zona do Cabo da Area que estará a disposición este ano de tódolos bañistas. Entre os deste ano destacan: O desfribilador que terán este ano os socorristas, novos contedores de papel, vidro, envases e orgánicos e os conos - cinceiros que están a disposición dos usuarios na caseta de socorrismo e máis na OMIT de forma gratuíta, entre outros.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios