Venres. 29.03.2024
El tiempo

Laxe suspende a concentración polas terrazas á espera da reunión entre o alcalde e o xefe do servizo provincial

Laxe suspende a concentración polas terrazas á espera da reunión entre o alcalde e o xefe do servizo provincial
O concello de Laxe vén de suspender a concentración que estaba prevista para mañá, ás 12 horas, como protesta polas trabas burocráticas impostas pola consellería de Infraestructuras e Vivenda sobre a instalación e mantemento de terrazas na zona de dominio da estrada AC-420, ao seu paso pola vila. O motivo da desconvocatoria débese, segundo sinalan dende o propio concello, á espera dos resultados que se obteñan mañán - ás 11 horas - na reunión (de urxencia) que manterán o alcalde de Laxe e o xefe do Servicio Provincial de A Coruña. Algúns hostaleiros da vila recibiron xa avisos de multas que, nalgúns casos, chegan aos 25.000€. Novas relacionadas Fonte

Comentarios