#LaxeMellórate con seminarios innovadores
Este # Laxe Mellórate consiste nunha serie de seminarios innovadores para mellorar as capacidades de persoas empresas que queiran darse a coñecer como talento diferencial, desenvolver as súas habilidades de selección, captar a atención do cliente e empresariado, conquistalo, fidelizalo e vender, xa que o vendedor é o verdadeiro motor dunha economía.
O ponente, Modesto Gómez, formador en marketing e estratexia, leva máis de 10 años impartindo cursos de marketing e desenvolvemento estratéxico en empresas privadas e administracións conformando talento. O seu lema é a vida é unha oportunidade, aprovéitaa.
As persoas ou empresas interesadas nestes encontros técnicos poden inscribirse de xeito gratuíto achegando a correspondente solicitude de inscrición. Máis información: Departamento de Emprego e Promoción Económica: 981 706 908 – 981 706 903.
&nbps;