Mar de Fábula lánzase a limpar a praia de Traba

09:16 16/12/21
Este sábado 18 de decembro, o voluntariado de Mar de Fábula desprázase á praia de Laxe para facer unha limpeza de plásticos. Sobre todo plástico miúdo, susceptible de converterse co tempo en perigosos microplásticos.
A quedada será na cara norte da praia ás 11.00h, recomendan levar luvas tivo xardinería e botas de auga, aínda que vaia facer bo tempo, e aos efectos de cobertura de seguros e por alerta sanitaria é preciso apuntarse con nome e DNI, no correo electrónico info@mardefabula.com, ou enviando whatsapp ao 660.242.118.