Noite de incendios na lonxa de Laxe e nunha vivenda de Carantoña


A máquina do xeo da lonxa de Laxe provocaba un pequeno incendio a pasada noite, arredor das 21:00h. Interviron con rapidez 3 voluntarios de Protección Civil, o que permitou que cando chegasen os membros do GES de Muros o lume xa estivese sofocado. Así, non houbo problema para volver ao traballo este mércores na lonxa laxense.

Incendio en Carantoña
Ata Carantoña se desprazaban na mañá de onte luns (arredor das 12:00h) os Bombeiros de Cee para sofocar un incendio unha vivenda. Foi a propia persoa que habita o inmoble quen avisou dende fóra que a súa casa estaba ardendo. El e os veciños se puxeron a traballar e conseguían extinguir o lume desde unha fiestra, dunha cociña que se viu completamente afectada polas lapas e o fume.
Os bombeiros só tiveron que comprobar que todo estivese extinguido e non quedasen puntos quentes coa cámara térmica, deixando a vivenda ventilada.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).