O BNG de Laxe amenaza con denunciar a Portos se non acomete a obra do dique e a retirada completa dos áridos
O BNG vén de rexistrar no Valedor do Pobo "a derradeira petición de facer cumprir a Portos de Galicia coa construcción do novo dique e a retirada das dunas da parte baixa do Paseo Marítimo", I é que o BNG laxense mantén que "se cometeu un delito medio-ambiental como así o recolle a Lei 28/2005 nas súas “Directrices de impacto sobre playas”".
I é que xa vai un ano dende a creación da Comisión de seguemento e dende que Portos se comprometera a solucionar o asunto, e segundo o BNG, "non foron quen de dar unha solución nun ano nin tampouco a empresa exterior que dín ter contratada". Un BNG que decidíu non formar parte da comisión por non terlles concedido dúas peticións de entrevistas co actual e anterior Presidente de Portos.
Así, denuncian que as obras non poden quedarse en retirar a area "en máis dos 5 metros que decían competirlle, aínda que non en toda a zona de adscripción de Portos como demostra o actual PXOM". Consideran esa retirada de area de outubro do ano pasado "unha farsa e un parche para tentar taparnos a boca unha tempada, que siga pasando o tempo e seguir a rirse de toda a veciñanza de Laxe",.
Por iso, veñen de esixirlle a Portos, que "se no prazo dun mes non se anuncia a obra do dique e a retirada da area e as dunas da parte baixa do paseo marítimo con orzamento comprometido e consignado, o BNG rexistrará o luns 15 de xullo unha denuncia contra Portos de Galicia por delito contra o medio ambiente".
Novas relacionadas
- 26-10-12: Solución temporal ao problema da area de Laxe.
- 20-06-06: Portos comprométese a solucionar o problema cos áridos en Laxe.
- 28-01-11: A area invade as rúas de Laxe e a Xunta pide unha solución.
- Doble bandeira, doble promoción, doble esixencia e máis recortes.
Fonte
- Nota de prensa do BNG de Laxe.