venres. 09.05.2025
El tiempo

O BNG de Laxe presenta un completo Plan para mellorar o Tráfico

O BNG de Laxe presenta un completo Plan para mellorar o Tráfico
O BNG presentou un completo Plan de Ordenación do Tráfico

Vén de presentar o BNG de Laxe un completo Plan de Tráfico para o período 2013-2015, co serio propósito de mellorar a calidade de vida dos veciños a través da mellora, fundamentalmente, do tránsito rodado e os aparcamentos, entre outros, no ámbito do casco urbán laxense.

Un plan completo que abrangue dende o tema dos aparcamentos para bicis, motos caravanas, un mercado crecente, coma o redeseño do sentido do tráfico na vila. Un tema complexo sempre, porque hai veciños que soen antepoñer a súa comodidade á da vila. Pero imos repasando por partes:

Aparcamentos

Propoñen a definición concreta, a través dunha clara sinalización, das prazas de aparcamento en toda a vila, para enviar o entorpecemento do tráfico doutros vehículos.
Ademais, piden a potenciación dos aparcamentos disuasorios, sobre todo na época estival, mediante a mellora da súa sinalización e que deberían ter caracter obrigatorio cando o centro da Vila non poida asumir máis coches para aparcar. Propoñen como lugares idóneos o Escarabello e zonas adxacentes así como a explanada da zona escolar.

Ademais, solicitan a revisión das prazas de varias rúas do casco urbán, que contan con demasiadas prazas, como son Besugueira, Insua, Dos Plazuelas, A Pena, Praza do Mercado, Praza Ramón Juega, Cantón, Alfredo Brañas (só nun sentido), Vista Alegre.

Subraian ademais que na Praza de Ramón Juega deberíase de cumprir de xeito estrito a prohibición de aparcar na parte superior e instalar bolardos abatíbeis na parte inferior para evitar o estacionamento enriba da beirarrúa".

Redeseño do sentido da circulación

O BNG propón estes cambios a sabendas que vai carrexar incomodidades á veciñanza, polo que apunta que "nunca deberían de executarse sin previa consulta da veciñanza afectada rúa por rúa".

As rúas que propoñem son as seguintes:

  • Dun só sentido de circulación: Santa Rosa, Dos Plazuelas, A Pena, Alfredo Brañas, Vista Alegre, Hospital, Agra de Abaixo e Travesía Vila Amparo.
  • Sentido rotonda: Praza do Areal e Praza do Mercado.

Zonas de aparcadoiros especiais

E paralelmamente piden crear zonas obrigatorias de estacionamento de caravanas e autocaravanas nas que se debería contar con boca de recollida de augas residuais e tomas de carga de auga potable. Situacións idóneas: Entorno do Campo de Fútbol e zona do Escarabello.
Para as motos e bicis, propoñen colocar un aparcadoiro en Rosalía de Castro-fronte o boulevard e outra nas inmediacións da caseta de información turística, ademais dunha terceira en Cesáreo Pondal no entorno do Concello.

Para os buses (escolares…) apuntan que Zona escolar e deportiva xa sinalizada, ou en Cesáreo Pondal, zona mercadiño, por delimitar.

Para os discapacitados, consideran que se deberían habilitar alomenos dúas prazas máis fronte ó boulevard, dúas na zona da caseta de información turística e outras dúas na zona do Concello.

Tamén piden que se reserve unha praza diante da caseta de información turísitica para que os turistas poidan parar diante e preguntar sen problemas, e evitar as típicas dobles filas.

Novas relacionadas

Comentarios