Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O BNG denuncia a eterna parálise da Autovía Costa da Morte

O BNG denuncia a eterna parálise da Autovía Costa da Morte
Voceiros do BNG da Costa da Morte denunciando a paralise da autovia

O pasado venres, voceiros do BNG de toda a bisbarra xuntábanse a pé de obra (obra paralizada) no lugar de Santa Irene, Vimianzo, para denunciar a eterna parálise da Autovía Costa da Morte. Un retraso dun ano, como recoñecía a Xunta o mes pasado, pero sen indicar novos prazos.

Denuncian dende o BNG que os "incumprimentos da concesionaria, derivados da súa incapacidade de encontrar financiamento" están sendo fatais para a bisbarra.

E para evitar máis retrasos o BNG fai unha "Proposición Non de Lei" na que insta ao goberno a "exixir da concesionaria o cumprimento das condicións pactadas", e que "no caso de a concesionaria seguir a incumprir as súas obrigas, imporlle as penalidades previstas no prego e resolver o contrato, renunciando á fórmula concesional e asegurando o fin das obras através da licitación dun contrato de execución de obra pública".

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG.

Comentarios