O BNG de Laxe presentou unha candidatura “renovada e con ilusión”

09:37 20/12/10

Amplo traballo na sombra
Os nacionalistas laxenses destacaron o traballo realizado polo BNG na localidade, malia non ter representación na corporación, un traballo que calificaron de “moito máis intenso que o dos grupos que formaron parte do pleno nestes últimos 4 anos”. Deste xeito, fixeron referencia a iniciativas como a da cesión da Casa do Mar á Asociación de Discapacitados O Peñón (precisamente vemos na foto a inauguración), desbloqueo do dragado do Porto de Laxe, o freo a especulación urbanística no Campo do Escaravello e a proposta de modificación do dique de abrigo e construcción do dique exterior para dar solución aos problemas ocasionados polas correntes no areal e no interior da dársena, presentada hai poucas semanas no Congreso dos Deputados e no Parlamento galego.Apostas
Os nacionalistas salientaron algunhas das propostas que o BNG vai a contemplar no seu programa, como son: saneamento integral, escola infantil municipal, medidas encamiñadas a reactivar o sector estratéxico por excelencia do concello como é o porto.Novas relacionadas
- Ambrosio Oróns presentouse como novo candidato do PP de Laxe.
- Novas protestas dende o sector polo novo seguro do mar e pola Lonxa Comarcal.
Fonte
- Nota de prensa do Responsábel de Organización Consello Comarcal do BNG, Xosé Regueira.