Venres. 29.03.2024
El tiempo

O BNG laxense esixe a solución do problema cos áridos

O BNG laxense esixe a solución do problema cos áridos

Volve a normalidade aos concellos da bisbarra, e con elas as esixencias da oposición. O primeiro en poñerse en marcha é o BNG de Laxe, que lle esixe ao PP "o cumprimento do acordo de poñer solución á problemática da praia e o porto de Laxe". Segundo denuncia Xosé Manuel Pose, voceiro do BNG, "o PP segue sen dar pasos a pesar de que xa hai dous meses que se comprometeu a que antes de setembro as obras estarían comezadas".

De feito, hoxe martes, "cúmprense xa dous meses dende que en sede parlamentaria o BNG conseguise o apoio de todos os grupos políticos, tamén do que sustenta o goberno galego, para comprometer unha solución inmediata, a comezar este mesmo ano, aos problemas da praia e o porto de Laxe". I é que malia falarmos da única praia con doble bandeira de calidade, algún problema que outro tamén xenera.

Sen ben as promesas sinalaban que as obras comezarían antes deste mes de setembro, o BNG volvía presentar unha pregunta no parlamento preguntando os prazos concretos. "Dous meses despois, o goberno do Partido Popular nin contestou as preguntas do BNG nin presentou ningún proxecto nin plan de actuación, o que fai temer que poida pretender incumprir a súa palabra".

Novas relaconadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Laxe.

Comentarios