O laxense Ambrosio Oróns toma posesión como deputado do Parlamento de Galicia


Tempos de cambios para o laxense Ambrosio Oróns Baña. Hai apenas dúas semanas tomaba o mando do banco do Malpica da 1ª Autonómica, e esta mañá de martes 23 de febreiro tomou posesión, no Pleno da Cámara, como deputado do PPdeG pola circunscrición de A Coruña en substitución de Santiago Freire Abeijón, recentemente elixido alcalde de Noia. <
Tras varios anos en primeira liña da vida política municipal, Oróns deixaba a portavocía do PP laxense en setembro de 2014. Volve agora á realidade política pero a nivel nacional, cun dos codiciados postos de deputado.
Nado en 1974, Oróns Baña é licenciado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte (Universidade da Coruña). Profesor de ESO e Bacharelato. Adestrador de fútbol, nivel III (nacional). Técnico superior en Actividades Físico-Deportivas e Salvamento Acuático. Adestrador superior de natación. Aptitude pedagóxica na Universidade de Burgos. O novo deputado do PPdeG pola Coruña foi portavoz do GPP en Laxe desde o ano 2010 ata o 2014.
Novas relacionadas
- O laxense Ambrosio Oróns, novo adestrador do Malpica.
- Setembro 2014: Perfecto Vázquez Lema sustitúe a Ambrosio Oróns no PP de Laxe.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).