O pleno de Laxe decidiu trasladar o Mercadillo á Praza dos Voluntarios
O pasado venres 13 de novembro houbo pleno no Concello de Laxe. E ademais de aprobación do acta da sesión anterior, do nomeamento dos novos concelleiros do PP e secretaria do Xulgado de Paz de Laxe, tratáronse outros temas importantes.
Ubicación do mercadillo
Tratouse o cambio de ubicación do mercadillo semanal: O equipo de goberno presentou o proxecto-estudo de reestruturación do mercadillo, que implica o traslado da zona da estrada á zona da Praza dos Voluntarios. A aprobación foi unánime no pleno. "Isto supón unha gran satisfacción para o equipo de goberno actual, xa que os traballos para o cambio de ubicación comezaron na legislatura anterior, nun traballo conxunto con todas as partes implicadas".
De licenzas de taxi
Respecto de a moción presentada polo PP, relativa á licenza de taxi de Isabel Añón Vázquez incluída na orde do día deste pleno, malia que na Xunta de Portavoces acordouse unánimente que non procedía ser tratada no mesmo, finalmente, a moción tivo que ser reformulada como pregunta, dado que, legalmente non procedía ser tratada como moción, nin tampouco é competencia do pleno, feito que foi obviar polo PP ao presentar a mesma.
A lexislación vixente, neste tipo de procedementos indica que deberá ser o Alcalde, o que proceda á resolución do expediente, en base aos informes emitidos polos servizos xurídicos e técnicos municipais, unha vez que se cumpran todos os condicionantes previos e directrices marcadas pola mesma, os cales ata o momento non se cumpren.
Outros temas aprobados
Para rematar, aprobáronse por unanimidad as seguintes mocións:
- Presentada polo PP en favor da promoción do leite.
- Presentada polo PSOE, en nome de asociación ambiental Contramínate, sobre o uso de herbicidas con glisofato.
- Presentada polo BNG, en apoio á pesca do arrastre.