O PP de Laxe denuncia que o Concello “corre serio risco" de ser intervido
Sae hoxe á voz pública o voceiro do PP de Laxe, José Luís Pérez Añón. E faino para facer saltar todas as alarmas denunciando que o Concello “corre serio risco" de ser intervido” pola súa situación económica. “As contas de Laxe son insustentables e o único que confirman é que estamos en mans dun goberno local irresponsable”, afirmou o popular, que advirte de que a débeda media por habitante supera os 970 euros.
Os populares denuncian que o executivo local leva "moitos anos gastando máis do que ingresa". "Aquí sempre se gastou sen mirar si podíanse pagar as facturas", indicou Pérez, quen considera que os grandes prexudicados deste "malgasto" son os veciños de Laxe e os provedores.
Por iso, o PP laxense urxe ao goberno municipal a que elabore e poña en marcha “un plan económico e financeiro que sirva para paliar a grave situación económica na que se atopan as contas do concello”.
Pola súa banda, o alcalde recoñecía hai dous meses que o Concello ronda unha débeda de 2,3 millóns de euros, pero que espera que en 2018 quede practicamente liquidada, sobre todo co POS+ 2017 da Deputación.
Así mesmo, lembra o PP que “o executivo local comeza o ano sen aprobar os orzamentos para o exercicio 2017, o que entende como un exemplo máis da "desidia e a falta de preocupación" dun goberno municipal ao que acusou de "non ser consciente" da grave situación económica que atravesa.
Novas relacionadas
- Decembro 2016: Aprobadas as novas xuntas xestoras do PP de Muxía, Laxe e Mazaricos.
- A eterna parálise das obras de mellora do porto de Laxe volven atascarse no Parlamento.
- O BNG entra no goberno de Laxe tras asinar o pacto co PSOE.
Fonte
- PP de Laxe.