Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Solpor Poético de Laxe dará a coñecer o gañador do Certame de Poesía Antón Zapata

O Solpor Poético de Laxe dará a coñecer o gañador do Certame de Poesía Antón Zapata
Imaxe dun Solpor POetico en laxe

Estamos na última semana de prazo para presentar poemas aspirantes a gañar o VII Certame de Poesía Antón Zapata García que, por sétimo ano consecutivo, celebramos no noso concello, co motivo de promover a figura do poeta Antón Zapata García, orixinario destas terras, así coma impulsar o importante papel da poesía na nosa cultura.

O resultado do xurado darase a coñecer o sábado 24 de agosto no coñecido coma Solpor Poético, que terá lugar, se o tempo o permite, no marco incomparable da Praia dos Cristais a partir das 20:30 horas. Xa disfrutamos algún ano da maxia destes Solpores poéticos, nun acto, ademais de facer entrega dos premios aos gañadores/as, contarán co cantautor Xoán Eiriz que, conxugando música e poesía, que amenizará a velada, achegando un programa cheo de poesías musicadas, cantigas tradicionais e coñecidos temas universais en galego.

Os premios, constarán dun lote de libros e un diploma acreditativo para cada gañador/a de cada unha das categorías establecidas.

Novas relacionadas

Fonte e máis información

Comentarios