Domingo. 13.10.2024
El tiempo

O TSXG sentenza que os terreos do campo de fútbol de Laxe son de titularidade municipal

O TSXG sentenza que os terreos do campo de fútbol de Laxe son de titularidade municipal
Campo de futbol O Areal de Laxe Imaxe do Campo de fútbol, xa municipal, O Cabo D'Area de Laxe

Un asunto que vén de lonxe o do litixo do campo de fútbol Cabo D'Area de Laxe. A empresa Sondeos del Norde denunciara ao Concello laxense pola titularidade dos terreos. Porén, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia vén de ratificar as sentencias anteriores, resolvendo definitivamente o litixio a favor do Concello.

A empresa construtora consideraba que era titular a través dun convenio privado realizado para cobrar unha débeda dunha zona residencial (Galicia Litoral).

En todo caso, a sentenza desestima o recurso de apelación presentado pola empresa sinalando que "resulta obviamente infundado o alegato de eventual falta de respaldo legal á actuación urbanística-ocupacional de dito concello".

O grupo de goberno socialista aproveita para enviar un recado á oposición, moi crítica durante estes anos co problema. Liga ademais esta sentenza coa idea de levar adiante o "proxecto integral da zona dende o colexio ata o Campo do Escaravello, proxecto que naciu cando se estaba levando a cabo o PXOM", sinala.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Laxe.

Comentarios