Os Centros de Ensinanza medran por Muros e Laxe
Xa temos coñecido como nacía o Centro de de Actividades Extraescolares Colaxe na vila bergantiñá. Un centro que non para de desenvolver novas accións, e ademais do completo verán cheo de cativos, este inverno chega con novos cursos acreditados pola Xunta do que logo falamos.
Temos estado tamén en Corcubión e no Couto, con esa mocidade que se pon a formar como forma de emprendemento. Hoxe toca ir ata Muros, onde un par de amantes do fútbol da Costa aparcan o balón para crear o seu centro de formación.
Elite, formando en Muros
Elite é o nome que escolleron Brais Sendón e Martín Nieto para o seu Centro de Ensinanza en Muros. Hoxe precisamente abren as portas traballando para mellorar e solucionar as principais carencias que se detectan na ensinanza desde infantil ata secundaria. Con grupos reducidos, traballarán as técnicas de estudo, habilidades lingüísticas e demais problemas da educación infantil, Primaria e Secundaria.
Loubamos estes novos proxectos emprendedores que conseguen fixar poboación na nosa Costa da Morte.
Curso en Laxe
Colaxe ten aberto dende o 10 ata o 25 de setembro o prazo de matriculación para o curso acreditado pola Consellería de Traballo e Benestar para a obtención do Certificado de Profesionalidade en Atención a persoas dependentes en domicilios.
I é que a partir do 2015 se queres traballar no area sociosanitaria en domicilios necesitas obter o certificado. O curso empezará o 1 de outubro polas tardes e xa podes informate e inscribirte en colaxe.es ou no 679 76 14 66.
Máis información
Novas relacionadas
- Nace Colaxe, un novo espazo educativo para o pequenos de Bergantiños.
- A mocidade que forma en Corcubión e no Couto.
- Formando o futuro da Costa: De proxectos culturais e educativos.
- Do enorme traballo de canteira dende O Couto.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).