Os maiores de Laxe rexuvenecen co ximnasio da mente
07:09 17/03/17
Un bo número de veciños e veciñas entre 65 e 90 anos participan no Ximnasio da Mente
Dende a súa posta en marcha, anos atrás, un bo número de maiores do concello de Laxe participan no programa do Ximnasio da Mente, dirixido por Mariló Porteiro. Os alumnos, de entre 65 e 90 anos de idade, acoden puntuais ás súas clases que se desenvolven os martes en Laxe e os mércores en Soesto en horario de mañá. Durante unha hora e media, poñen a proba a súa mente permanecendo así activos intelectualmente. Ademais, esta actividade proporcionalles unha beneficiosa sensación de satisfacción persoal e confianza en sí mesmos.
Durante unha hora e media á semana poñen a proba a súa mente
O principal obxetivo do curso é ofrecer ás personas con tempo libre un punto de encontro para relacionarse xa que lles axuda a exercitar a memoria e a non perder a vitalidade.
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])
- Concello de Laxe