Martes. 30.04.2024
El tiempo

Paco Charlín tomou posesión como alcalde de Laxe

Paco Charlin e Perez Anon Pleno Laxe
Pérez Añón entregando o bastón de mando a Paco Charlín
Paco Charlín tomou posesión como alcalde de Laxe

Francisco Charlín Oróns xa é alcalde de Laxe. O rexedor foi escollido e tomou posesión no pleno extraordinario celebrado na xornada de hoxe, 8 de marzo, no Salón de Plenos do Concello. Charlín, que terá dedicación exclusiva, asume o cargo tras a dimisión, o pasado 21 de febreiro, de José Luís Pérez Añón por motivos de saúde. El mesmo foi o encargado de entregarlle o bastón de mando na sesión.

O novo alcalde comprometeuse a continuar desenvolvendo iniciativas que beneficien a todas as persoas de Laxe e que contribúan “ao avance e progreso do noso municipio. O meu obxectivo é ser, en todo momento, útil para a nosa veciñanza. Os nosos veciños e veciñas serán sempre a prioridade e as súas preocupacións e necesidades o que guíen as actuacións e accións que levemos a cabo”.

Ademais, durante a sesión plenaria, tamén tomou posesión a edil do Partido Popular Begoña Gegúndez Allo, que pasa a asumir as concellerías de Deportes e Pesca, ata o momento ocupadas por Charlín.

Comentarios