![CPI Laxe-Foto-Jose-Manuel-Ojen]()
O grupo de pais e nais dos
25 alumn@s de 5º nivel de educación infantil do vindeiro curso escolar do
CPI Cabo da Area de Laxe manifestaráse hoxe, ás 11:30 horas, diante do casa do Concello laxense en sinal de protesta pola reagrupación dos alumnos para o vindeiro curso académico.
Segundo informan os pais dos alumnos, este grupo xa estaba desdobrado no curso 2014- 2015 e que queren xuntar nunha sola aula, no vindeiro curso. Aseguran que "a aula non cumpre as medidas mínimas estipuladas por lei para os 25 nenos". Ao parecer, os cativos tan só terían espazo para poñer mesas e sillas, sen poder ter outros espazos libres onde levar a cabo outras actividades, tales como asambleas, psicomotricidade, recunchos de xogo etc.. todas elas actividadesde descubrimento e socialización, que sí tiveron este curso.
Estes mesmos pais, manifestan que coa reagrupación dos nenos, "as actividades complementarias e extraescolares (saídas e visitas culturais) reduciranse, xa que requieren dunha atención maior, e non se poderá garantir, ao diminuir o número de profesores".