![papa-noel-escola-infantil-vimianzo]()
Os alumnos da escola infantil municipal de Vimianzo recibiron onte a visita de Papá Noel
Papá Noel xa se deixou ver pola Costa da Morte a onde veu a recoller as cartas e as peticións dos nenos e nenas. En
Vimianzo visitou onte a escola infantil muncipal onde reaprtiu caramelos entre os usuarios e logo visitou aos maiores da Vivenda tutelada e tamén recolleu as súas peticións. Durante estes días visitará os comercios da localidade e percorrerá o territorio do concello, así esta tarde ten previsto ir á Piroga, mañá pola tarde a Treos e o sábado pola mañá a Baíñas. Ademais hoxe visitará as escolas unitarias para que as nenas e nenos poidan entregarlle as súas peticións.
![papa noel vivenda vimianzo]()
Papá Noel visitou aos usuarios e usuarias da vivenda tutelada de Vimianzo
O venres pola tarde deixaralle paso ao Apalpador que vistará a casa da Cultura de Vimianzo onde tamén haberá unha actuación de Paco Nogueiras ás 18:30 horas.
Laxe
![papa-noel-laxe]()
Uns 100 nenos e nenas dos centros educativos de Laxe recibiron onte a visita de Papá Noel
Uns 100 nenos e nenas de infantil e primaria do CPI Cabo da Area e das escolas unitarias de Traba e A Torre viaxaron onte ata as instalacións municipais de Laxe para desfrutar dunha mañá acompañados de Papá Noel. Alí, tiveron a oportunidade de entregarlle as súas peticións.
Zas
![papa-noel-zas]()
papa-noel-zas
O concello de Zas tamén se encargou de xestionar a visita que realizou onte Papá Noel ao CEIP de Zas. Alí recibiu grandes abrazos e recolleu as misivas dos alumnos e alumnas de infantil.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)