Convocan unha concentración no Pindo: “Os nenxs non son números”
Pero é que a Xunta esquece previsamente esas NEE do alumnado ao facer esa aseveración, deixando claro a política de recortes nos auxiliares de PT e AL que sofren ducias de centros da comarca e de todo o país.
As familias queren responder á Consellería, á que lle piden unha reunión urxente mentres manteñen a folga indefinida (os nenos levan 5 días sen ir a clase!) e mentres convocan unha concentración aberta á toda a comarca para este xoves 26 de setembro ás 16:00h.
Carencias e incumprimentos
Dende ANPA lémbranlle que o centro ten 6 alumn@s en Infantil, pero que un presenta Necesidades Educativas Especiais, polo que o propio Equipo de Orientación Específico de A Coruña confirmou a necesidade dde contar cunha Pedagoxia Terapéutica (PT), Audición e Linguaxe (AL) e Persoal Auxiliar Coidadora. Porén a Xunta segue sen enviar AL, a PT só vai 5 horas ao centro (a metade que o ano pasado), e o curso comezou sen asignar esa Coidadora persoal para o rapaz con NEE (si está indo ao CEIP unha coidadora provisionalmente que está asignada para un neno do IES Lamas de Castelo mentres este non vai a clase).
Vai máis alá a ANPA e lembra que a Xunta está “incumprindo o acordo de agrupamento” en Primaria. Son 26 alumn@s en Primaria (cun neno con NEE que contaría doble, polo que se contabilizarían 27), separados en só 2 grupos, con 11 alumn@s no grupo de 1º, 2º e 3º, e 15 no de 4º, 5º, e 6º, superando o ratio de 12 alumnos por aula agrupada que impón a propia lei.
Así, as familias entenden que “as demandas que facemos son moi xustas e de sentido común, polo que apelamos a que estudien o caso ó detalle e mostramos toda a nosa boa vontade ó diálogo e a poder resolver esta situación o antes posible”, e invitan a toda a comarca a participar na concentración.
Máis novas
As familias do CEIP O Pindo non ceden e manteñen a folga
As familias do Pindo non mandan ás crianzas ao cole como medida de presión ante os recortes de profesorado
As familias de Cee alzaron masivamente a voz contra os recortes no ensino
As familias do CEIP Areouta non levarán as crianzas a clase ante os continuos recortes da Xunta
As familias de Laxe trasladan ao PSOE as súas queixas polos recortes da Xunta no cole