Luns. 07.10.2024
El tiempo

As familias do CEIP Areouta non levarán as crianzas a clase ante os continuos recortes da Xunta

  • A ANPA denuncia que os recortes provocarán que todo o alumnado de 1º a 6º darán varias clases xunto.
Nenos do CEIP Areouta contra os recortes
As familias do CEIP Areouta non levarán as crianzas a clase ante os continuos recortes da Xunta

Co inicio de curso as familias comezan a enteirarse dos recortes que sofren os seus centros educativos, e que van que sufrir as súas crianzas. Recortes no ensino público que levan sendo durante décadas seña de identidade do goberno popular da Xunta de Galicia.

Tralo peche de dúas unitarias, xa houbo manifestacións en Laxe, e este mesmo martes houbo concentración das familias do CEIP Vila de Cee.

Tamén por Sardiñeiro as familias están en pé de guerra ante a grave situación do CEIP Areouta, outra escola rural que sofre recortes ano tras ano.
No caso do centro fisterrán “a praza de PT (auxiliar de Pedagoxía Terapéutica) fixo queda vacante, sen cubrir, e como consecuencia disto non se poderá facer dobres, o que implicaría que toda a etapa de Primaria recibiría moitas das materias (Lingua Galega, Lingua Castelá e Ciencias Sociais) nunha mesma aula”, explica Alma López, presidenta da ANPA Arco da Vella. Unha situación incrible, tendo en conta as diferentes necesidades educativas que pode ter un alumno de 1º de Primaria (6-7 anos) coas dun alumno de 6º (11-12 anos).

Dende a ANPA lembran que deste xeito se incumpre a normativa do convenio de agrupación de alumnos do 10 de xullo de 2009, na que se establece que a ratio máxima de alumnos en toda a etapa é de 10, sendo o centro matriculado neste curso a 16 alumnos.

NON IRÁN A CLASE

Primeiro dia sen cole no Areouta 2
Así foi o primeiro día, sen nenos, no CEIP de Sardiñeiro

A ANPA decidiu realizar as oportunas denuncias ante a inspección educativa e co apoio masivo das nais/pais, decidiron non iniciar o curso, co obxectivo de presionar para que Inspección Educativa solucione a situación con urxencia.

Non aos recortes no CEIP Areouta

Máis novas sobre os recortes

Comentarios