Venres. 19.04.2024
El tiempo

As praias de Laxe e Razo convírtense nas capitais estatais de Salvamento e Socorrismo

Presentacion campionato Socorrismo e Salvamento en Laxe
Presentacion campionato Socorrismo e Salvamento en Laxe
As praias de Laxe e Razo convírtense nas capitais estatais de Salvamento e Socorrismo

A Costa da Morte ratifícase como espazo fetiche para o salvamento galego. Estas pasadas semanas tanto o Ézaro como Laxe acolleron probas autonómicas.

Esta vindeira semana a comarca dá un paso adiante, coa organización dos Campionatos de España de Salvamento e Socorrismo Base que se disputarán os días 17, 18, 19, 20 na praia de Laxe e os días 22 e 23 na praia de Razo (Carballo). Unhas probas que supoñen un perfecto impulso económico á comarca, pois serán case 750 deportistas, de 33 clubs de toda España, os que participarán nas categorías Infantil, Cadete, Xuvenil e Junior. Entre os clubs atopamos varios costeiros, como o Club Salvamento y Socorrismo Carballo - SYSCA ou o Club Acuático Laracha – SAL.

Así o explicaron os representantes da Real Federación Española de Salvamento e Socorrismo e da Federación Galega de Salvamento e Socorrismo, do concello de Laxe e da Secretaría Xeral para o Deporte na presentación da primeira parre do campionato realizada onte no concello laxense.

O sábado 17 e domingo 18 terán lugar as probas Infantil e Cadete, con probas como relevo sprint, nadar surf, carrera con nipper ou relevo de salvamento con tubo ou táboa.

A tarde do domingo, e os luns 19 e martes 20 tocan as probas Xuvenil e Junior.

Campionato de Espana de Salvamento e Socorrismo na praia de Laxe Xullo 2021

Campionato de España Absoluto en Razo

Aínda queda pendente a presentación oficial, pero os xoves 22 e venres 23 será Razo a Capital náutica estatal. Será acollendo o Campionato de España Absoluto, coa participación de 262 socorristas de 33 clubs de toda a xeografía española.

Novas relacionadas

Comentarios