Xoves. 02.05.2024
El tiempo

O PSOE de Laxe pregunta pola falta de investimentos da Xunta nos Orzamentos 2024

Paco Vidal PSOE Laxe
O PSOE de Laxe pregunta pola falta de investimentos da Xunta nos Orzamentos 2024

A Xunta presentaba esta pasada semana os Orzamentos 2024. Xa fixemos un repaso coas carencias máis importantes, e recollíamos a visión positiva do PP comarcal.  Ao longo da semana seguro que van chegando queixas, como as que xa lanza PSdeG PSOE de Laxe.

A través do seu voceiro, Paco Vidal, critica a marxinación do concello de Laxe na consignación dos Orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2024.
O edil lamenta que "o grupo de goberno municipal, do Partido Popular, non sexa capaz de conseguir para o concello recursos tan necesarios como, entre outros, o saneamento, pendente en varias parroquias, ou a limpeza de ríos e camiños forestais, así como de como a drenaxe da lagoa de Traba".
"A ausencia de investimentos en infraestruturas, portos e medio ambiente prexudica gravemente o desenvolvemento do municipio nas súas principais actividades económicas, a pesca e o turismo. O grupo socialista no parlamento presentará varias emendas a estes orzamentos nas que se recollerán as peticións do grupo municipal socialista".

Novas relacionadas

Comentarios