Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Que foi dos áridos da praia Laxe?

Que foi dos áridos da praia Laxe?

Xa vai moito tempo dende que se comezaron a denunciar os problemas cos áridos en Laxe. E o asunto parece que non ten fin. Tras mesmo asegurar o BNG de Laxe que levará o asunto ao Parlamento Europeo, a Xunta non actuará ata a vindeira primaveira. Xa serán varios os outonos con este problema en marcha, pero dende Portos afirman que durante esta época do ano os temporais botarían todo o traballo por terra.

Dende o BNG laxense, lembran que "camiño xa de rematar un novo verán, o pobo de Laxe asiste atónito á deixadez á que o tén sometido o Ente Público Portos de Galiza, que segue a incumprir o que fora aprobado o pasado 14 de abril no Parlamento de Galiza a través dunha proposición non de Lei do BNG apoiada por todos os grupos incluído o PP, na que se comprometía a actuar de xeito urxente tanto na retirada de áridos como na construcción do novo dique comezando ditas actuacións antes de setembro de 2011". Unha nova promesa, feita en periodo electoral ademais, que queda sen cumplir, xa que dende Portos aseguran que para a construción dun dique flotante precisarán máis datos das mareas.

Dende o BNG laxense, sinalan que o único responsable da desfeita é Portos, a raíz da construcción caprichosa do actual dique no seu día. Polo tanto, solicítanlle que non siga escudándose nos famosos 5 metros de competencia de retirada da area sinalizados polo Sr.Campana coa axuda do Candidato do PP de Laxe xa que segundo a Lei 22/1.988 e dentro do documento chamado “Directrices de actuaciones en playas” no seu punto 3.4 no que claramente se le “cuando haya que resolver un problema de restauración de dinámica litoral, éste debe ser asumido, y su costo en su caso, POR QUIEN LO PROVOCÓ, y respecto de los métodos de resolución se optará por orden de prioridad:

  • 1. Reposición artificial de la dinámica litoral salvando las discontinuidades.
  • 2.Eliminación de los obstáculos ó discontinuidades a la dinámica litoral".

Deste xeito, o BNG de Laxe prégalle "de xeito urxente ó novo Presidente de Portos de Galiza a execución urxente das obras do novo dique sen mediar novos estudos e a retirada tamén urxente da area que invade o paseo marítimo e que colapsa os sumidoiros ocasionándolle ó Concello e á cidadanía continuos trastornos".

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Laxe.

Comentarios