mércores. 04.12.2024
El tiempo

Recuperan o corpo dun vimiancés que levaba 2 meses sumerxido nun coche no porto de Laxe

Recuperan o corpo dun vimiancés que levaba 2 meses sumerxido nun coche no porto de Laxe
Traballos no porto de Laxe para recuperar o corpo desaparecido-Foto- Este mediodía aparecían numerosos medios de seguridade no porto de Laxe. Os Geas da Garda Civil xa levaban horas a pé de porto, e ás 14:34h, Protección Civil e a Policía Local de Laxe facían unha chamada ao 112 para solicitar a colaboración dos Bombeiros, para levar a cabo unha excarcelación. Un veciño que paseaba polo porto foi quen avistou o coche vermello aproveitando a baixamar das mareas vivas. Segundo nos informa o 112 Galicia, os Bombeiros tiveron que excarcelar dun coche sumerxido o corpo dun home de Vimianzo, que supostamente, levaba desaparecido dende hai 2 meses. Ao parecer, a familia denunciara a súa desaparición, e o home deixara unha nota na que afirmaba que ía desaparecer ao non soportar a situación de paro, polo que falamos dun novo caso no que a crise nos leva ao suicidio. As forzas de seguridade están facendo a correspondente investigación sobre este suceso, que podería ter diferentes explicacións. Estaremos atentos a calquera novidade.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios