Soesto acollerá a tradicional Festa do Peñón
08:30 23/05/12
Un ano máis, a Festa do Peñón deste ano 2012 se celebrará, durante todo o día do vindeiro luns 28 de maio, na braña de Soesto.
Unha festa para a que a Concellería de Cultura e Benestar Social do Concello de Laxe, con clara intención de apoiar e potenciar as festas e tradicións locais, aportará música en directo e animación á Festa do Peñón deste ano 2012 que se celebrará, durante todo o día do vindeiro luns 28 de maio na braña de Soesto.
En concreto, e debido á boa aceptación que recibiu na celebración do ano 2011, este ano, a partires das 6 da tarde, terán a oportunidade de contar de novo coa presenza da Charanga O Vendaval, chegada dende Fisterra.
Novas relacionadas
- Este venres 25: A mocidade de Laxe aprenden armas de sedución masiva.
- Dani Carracedo segue triunfando polos circuitos de Enduro do país.
Fonte
- Concello de Laxe.