Os Penedos seguen en modo SOS: Laxe agraciada con tres estacións eólicas

Oes! Nin ti nin eu: ninguén está a salvo dun milagre. Tampouco os Penedos!
Trescentos mil anos son nada!
Trescentos mil anos é a idade destas penedas que cada día vén como o círculo do “progreso” se estreita máis e máis arredor delas: un vendaval eólico que, só entre Ponteceso e Camariñas, xa encheu de 22 estacións eólicas os montes.
E a ameaza segue aí, facendo aspaventos.
A historia, ímola resumir:
Ano 2017: Unión Fenosa (Naturgy) solicita unha mini-estación eólica entre Soesto e Traba. Era a puntiña-nada-máis dun macro-proxecto que viría despois, o megaparque eólico Costa da Morte, un macroproxecto a repartir entre varias empresas.
Asociacións e particulares mobilizámonos para tratar de impedir esta primeira avanzada con charlas informativas e alegacións. Queríamos preservar o único concello da costa libre de eólicos!
A Xunta, Lei de Depredación mediante, deu luz verde ao ”progreso”.
Para Laxe, daquela, 2 virotes!
Febreiro de 2021: a empresa EDP solicita 2 estacións eólicas máis para a zona, que aínda quedaba moito monte ceibo, cos proxectos Monte Chan, Pena dos Mouros e mais a ampliación do de Soesto.
Total: 16 virotes máis a repartir entre Laxe, Vimianzo e Camariñas. A lo loco!
Colectivos e particulares da Costa da Morte unímonos (que non é pouco) nunha fronte común para impedir estes parques cun lema coñecido: Salvemos os Penedos.
A mobilización e a recollida de sinaturas son masivas.
EDP Renovables recua e anuncia que vai modificar o proxecto.
Non haberá eólicos nos Penedos!?
Si, ho!
O pasado 15 de decembro de 2022, EDP presenta un novo plan: no canto dos 9 aeroxeradores iniciais na área da dos Penedos, propón agora 10 espallados polos montes dos arredores.
Deste xeito resultan agraciados o Aprazadoiro, Coéns e Camariñas con 10 turbinas xigantes (127 m), dunha potencia de 50 megawatios: 1 para Vadalama, 3 entre Señoráns e Coens, 2 para Coéns e 4 para Camariñas.
Ás obras de construción hai que sumar as dos centros de transformación, a rede eléctrica soterrada, a torre meteorolóxica e a a subestación que recollería a enerxía dos 3 parques (Monte Chan, Pena dos Mouros e Soesto) con destino a Meirama.
Hidróxeno verde, que é o que se leva agora!
Por certo, o cableado das liñas de evacuación vai igualmente pola Paisaxe Protexida dos Penedos.
As vistas desde alí arriba son xa únicas, impactantes: monocultivos de aspas (e de eucaliptos).
O progreso chegou! E o número de muíños vai medrando dentro das poligonais das diferentes estacións... Diferentes? Non tanto! Son pequenos proxectos fragmentados para evitar liortas administrativas e medioambientais.
E non esquezades que estas estacións, sumadas ás que xa existen na zona (repetimos: 22 entre Ponteceso e Camariñas), supoñen un chute de enerxía sen precedentes para a nosa costa, a súa paisaxe, os seus valores históricos, sociais e tradicionais (todo iso das formas de vida vencelladas á pesca, á gandería, á agricultura e ao turismo).
Non imos falar aquí dos hábitats de interese medioambiental, nin lembrar que somos zona de paso de aves migrantes ou que contamos con humedais e lagoas únicos en Traba e Soesto, protexidos por leis europeas. Non, nós non falaremos de acuíferos, nin de aves nin de medio natural, non vaia ser que nos tachen de ecoloxistas! Aínda por riba!
Tampouco insistiremos na vulneración da lei de protección do medio ambiente e da de montes (a lei 7/2012 de 28 de xuño de Montes de Galicia), xa que o uso forestal e a funcionalidade dos nosos montes son totalmente compatibles coas estacións eólicas. Está visto! Doutro xeito, a Xunta sería a primeira en poñerlles paos nas rodas a estas empresas sen ánimo de lucro, que veñen facer filantropía na nosa terra.
En vista do cal, insistimos: ninguén está a salvo dun milagre!
O milagre neste momento sería un movemento masivo de resposta veciñal para impedir esta desfeita.
Renomeamos a Costa da Morte como Marina Eolo S.L.?
Ou facemos algo polo futuro da costa?
Vos diredes!
- Asdo: @alcolitos_e_eolicos.
NOVAS SOBRE OS PENEDOS DE TRABA E PASARELA
- As xigantescas dimensións dos Parques Eólicos que ameazan os Penedos
- María Xosé Mato: Un Plan por Xustiza.
- Outubro 22: Máis alegacións contra os Eólicos que ameazan os Penedos.
- Setembro 22: Laxe e Vimianzo piden unha reunión con Patrimonio para saber o estado do Plan dos Penedos.
- Setembro 21: Patrimonio comprométese a rexeitar calquera proxecto eólico que afecte aos Penedos de Traba e Pasarela:
- Laxe e Vimianzo presentan o novo folleto coas rutas dos Penedos.
- 14-06-21: A veciñanza tamén dixo non aos Eólicos sobre os Penedos.
- 28-05.21: O PP rexeitou no Parlamento unha enmenda para paralizar os Penedos de Traba e Pasarela.
- 23-05-21: A poesía voltou ao rescate dos Penedos.
- Abril 21: "Esta paisaxe xera máis riqueza que os parques eólicos”.
- 30-04-2021: Laxe e Vimianzo tiran dos Penedos de Traba e Pasarela .
- Febreiro 21: Constitúen a Plataforma Salvemos os Penedos.
- O SEMESCOM presentou alegacións contra os dous proxectos dos parques eólicos que ameazan os Penedos.
- Xan Fdez. Carrera: Novo ataque á Costa da Morte.
- 18-02-2021: Os Concellos de Laxe e Vimianzo plántanse ante o parque eólico Monte Chan pola súa afectación aos Penedos.
- PE Monte Chan: Adiante Vimianzo e BNG presentan alegacións ao PE Monte Chan por afectar á Paisaxe Protexida dos Penedos.
- PE Monte Chan e Pena dos Mouros: A veciñanza de Laxe denuncia dous proxecto eólicos sobre Laxe, Camelle e Vimianzo.
- Xaneiro 2020: Vimianzo e Laxe únense de novo para esixir que a Xunta comece o Plan Estratéxico dos Penedos.
- Novembro 19: Os Concellos de Laxe e Vimianzo retoman, en serio, o proxecto dos Penedos de Traba e Pasarela.
- Decembro 2018: Os Penedos xa ten imaxe para o seu póster.
- Novembro 2018: 10 anos despois a Xunta comeza a traballar no Plan dos Penedos.
- Setembro 2018: Os penedos cobran vida.
- 2018: Laxe e Vimianzo únense para reivindicar os Penedos como #moitomáisquepedras.
- 2018: Augusto Pérez-Alberti: “É lamentable que a Xunta non fixera nada dez despois da declaración dos Penedos de Traba e Pasarela como Paisaxe Protexida”.
- 2018: Unindo forzas entre Concellos para salvar os Penedos
- 2016: O SEMESCOM presenta dous calendarios para o 2016 con imaxes dos Penedos de Pasarela e Traba.
- 2014: Vimianzo esixe o Plan de Conservación dos Penedos de Traba e Pasarela.
- Os vídeos da Semescom: Os penedos de Traba e Pasarela.
- 2009: Os Penedos de Traba e Pasarela son oficialmente Paisaxe Prote