Un Plan por xustiza
- María José Mato, técnica de Turismo do Concello de Laxe, fala dende dentro como unha das grandes promotoras da recuperación deste Plan de Xestión da Paisaxe Protexida dos Penedos e Pasarela e Traba.
Ningunha sorpresa de última hora impediu que a memoria inicial do Plan de Xestión da Paisaxe Protexida dos Penedos e Pasarela e Traba saíse publicada no Diario Oficial de Galicia (DOGA) do pasado xoves 24 de novembro de 2022, abríndose un período de participación pública durante o prazo dun mes.
Por fin podemos dicir que o Plan de Xestión vai camiño de ver a luz tras varios meses de tramitación administrativa.
Segundo os prognósticos máis optimistas, podería publicarse a finais do 2023, pero, tal vez sexa exactamente iso, un prognóstico optimista, visto que despois das alegacións que se presenten a esta memoria inicial, publicarase o plan inicial con outro período de consulta, e aínda será despois diso cando se publique o plan definitivo e se doten os fondos necesarios para executalo. Sexa como fose, este optimismo é de agradecer porque axuda a levar unha espera que neste caso resulta francamente doce.
A publicación da memoria inicial do Plan de Xestión é un punto de inflexión para a Paisaxe Protexida que comparten os Concellos de Vimianzo e Laxe. Abre un camiño que é imprescindible percorrer para establecer o marco ordenado que permita a posta en valor da Paisaxe coñecendo cada quen (propietarios, administracións, visitantes, empresariado, etc.) “as regras do xogo”. Ademais, que este punto de inflexión teña un carácter claramente participativo que posibilite que calquera persoa poda expresarse e ser tida en conta, máis aló dunha cuestión legal, é unha cuestión de xustiza.
Cada vez que visito os Penedos venme á mente instintivamente o propósito vital das persoas que reivindicaron a protección do lugar con fe inquebrantable. As súas mobilizacións fixeron posible que a Paisaxe Protexida dos Penedos se conserve íntegra para min e para todos.
Non podo evitar sentir que os Penedos son, en certo modo, unha bandeira maxestosa do compromiso da sociedade, que enfrontada a unha situación dramática puido cambiar o curso da historia e atopar as solucións necesarias para protexerse. Porque, se o pensamos ben, os Penedos foron, son e sempre serán, un exemplo de esperanza, de sensibilidade, de futuro, de unión, e todo iso pode sumarse perfectamente aos extraordinarios recursos ambientais, culturais e xeolóxicos que o conforman.
Ao mesmo tempo, teño presente a débeda que existe en canto á adopción de medidas de convivencia, ordenación e preservación do espazo. Estas son as que verdadeiramente permiten exaltar o sentimento de pertenza e protección dos Penedos que se promoveu no seu día e segue latente aínda hoxe.
Máis aló de tódalas sensacións descritas, recoñezo un sentimento de admiración e gratitude cara tódalas persoas que durante anos compartiron os seus puntos de vista sobre os Penedos, fose en público ou en privado. Refírome especialmente a aquelas que máis aló das súas ideoloxías, apoiaron e apoian, con maior ou menor discreción dende as súas respectivas responsabilidades, a visión dun lugar que debe preservarse íntegro no seu conxunto, ser ter en conta nada máis que a defensa e protección da Paisaxe.
A todas esas persoas, que sabedes que estades facendo o correcto aínda que non sexa o máis doado nin o máis valorado, que poñedes sentimentos positivos, de comprensión, de coidado, de paciencia e de imparcialidade, que buscades unha convivencia harmoniosa e aportades unha visión de futuro verdadeiramente sostible, quero dicirvos que para min, e para moitas outras persoas, sodes a auténtica esperanza e o exemplo a seguir.
- María José Mato. Técnica de turismo do Concello de Laxe e unha das grandes promotoras do Plan.
Outros artigos de María José Mato en QPC
MÁIS NOVAS SOBRE OS PENEDOS DE TRABA E PASARELA
- 18-11-22: O Plan de Xestión dos Penedos someterase á participación pública.
- Outubro 22: Máis alegacións contra os Eólicos que ameazan os Penedos.
- Setembro 22: Laxe e Vimianzo piden unha reunión con Patrimonio para saber o estado do Plan dos Penedos.
- Setembro 21: Patrimonio comprométese a rexeitar calquera proxecto eólico que afecte aos Penedos de Traba e Pasarela:
- Laxe e Vimianzo presentan o novo folleto coas rutas dos Penedos.
- 14-06-21: A veciñanza tamén dixo non aos Eólicos sobre os Penedos.
- 28-05.21: O PP rexeitou no Parlamento unha enmenda para paralizar os Penedos de Traba e Pasarela.
- 23-05-21: A poesía voltou ao rescate dos Penedos.
- Maio 21: Civismo e cultura únense para salvar os Penedos da invasión eólica.
- Abril 21: "Esta paisaxe xera máis riqueza que os parques eólicos”.
- 30-04-2021: Laxe e Vimianzo tiran dos Penedos de Traba e Pasarela .
- 27-03-2021: O pleno de Laxe esquece os Penedos de Traba e Pasarela.
- "Esta paisaxe xera máis riqueza que os parques eólicos”.
- Febreiro 21: Constitúen a Plataforma Salvemos os Penedos.
- O SEMESCOM presentou alegacións contra os dous proxectos dos parques eólicos que ameazan os Penedos.
- Xan Fdez. Carrera: Novo ataque á Costa da Morte.
- 18-02-2021: Os Concellos de Laxe e Vimianzo plántanse ante o parque eólico Monte Chan pola súa afectación aos Penedos.
- PE Monte Chan: Adiante Vimianzo e BNG presentan alegacións ao PE Monte Chan por afectar á Paisaxe Protexida dos Penedos.
- PE Monte Chan e Pena dos Mouros: A veciñanza de Laxe denuncia dous proxecto eólicos sobre Laxe, Camelle e Vimianzo.
- Xaneiro 2020: Vimianzo e Laxe únense de novo para esixir que a Xunta comece o Plan Estratéxico dos Penedos.
- Novembro 19: Os Concellos de Laxe e Vimianzo retoman, en serio, o proxecto dos Penedos de Traba e Pasarela.
- Decembro 2018: Os Penedos xa ten imaxe para o seu póster.
- Novembro 2018: 10 anos despois a Xunta comeza a traballar no Plan dos Penedos.
- Setembro 2018: Os penedos cobran vida.
- 2018: Laxe e Vimianzo únense para reivindicar os Penedos como #moitomáisquepedras.
- 2018: Augusto Pérez-Alberti: “É lamentable que a Xunta non fixera nada dez despois da declaración dos Penedos de Traba e Pasarela como Paisaxe Protexida”.
- 2018: Unindo forzas entre Concellos para salvar os Penedos
- 2016: O SEMESCOM presenta dous calendarios para o 2016 con imaxes dos Penedos de Pasarela e Traba.
- 2014: Vimianzo esixe o Plan de Conservación dos Penedos de Traba e Pasarela.
- Os vídeos da Semescom: Os penedos de Traba e Pasarela.
- 2009: Os Penedos de Traba e Pasarela son oficialmente Paisaxe Prote