Sábado. 04.05.2024
El tiempo

Traski guía un centenar de trasnos polo litoral costeiro

Traski guía un centenar de trasnos polo litoral costeiro
120 trasnos uniron Laxe e Arou

Xa non baixan do centenar os trasnos que cada dúas semanas percorren unha das 8 etapas do Camiño dos Faros. Este pasado sábado 26 de outubro foron 120 amantes da natureza os que calzaron as botas para unir Laxe e Arou.

120 trasnos chegados de toda Galicia e de alén, que puideron gozar de lugares tan espectaculares como a ruta da Insua, as vistas da ría de Corme e Laxe, a praia dos Cristais, a de Soesto, a lagoa de Traba, as pedras vivas da zona de Camelle, e como non, o museo de Man.

Seguimos intentando servir de altofalante para esta magnífica proposta de posta en valor do noso patrimonio natural. Un exemplo de como, con poucos medios e moita vontade, se pode levar o nome da Costa da Morte moi lonxe, aproveitando o noso meirande tesouro, a virxindade do noso litoral.

Inmenso o Camino dos Faros Menudo equipode trasnos percorrendo o litoral costeiro

Vindeira etapa

A próxima será o día 9 de novembro e levaranos desde Arou a Camariñas polo corazón da Costa da Morte.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Máis novas

Fonte

Comentarios