Venres. 07.05.2021
El tiempo

Un laxense moi frío

Un laxense moi frío
pablo-lema-paz-premiado-no-galiciaskills Pablo Lema recibiu o premio do Galicia Skills

E non, non falamos do seu carácter. Falamos do premio que vén de recibir este estudante de Lae. Pablo Lema Paz, do IES Universidade Laboral (O Burgo - Culleredo), alzouse co primeiro premio na rama de Refrixeración no maco dos Galicia Skills, uns premios que reuniron no recinto Feiral de Silleda a 100 alumnos de 40 centros educativos de Formación Profesional de Galicia para demostraren a súa capacidade e o seu talento.

E o talento do noso veciño foi un dos tres destacados da provincial neste campionato galego da FP que se celebra cada dous anos e que pretende descubrir novos valores nas diferentes skills, as especialidades ou profesións, da FP. Lema demostrouno nas probas que superou no evento.

Veremolo pois no Spainskills, e veremos se consegue a medalla de ouro para participar posteriormente no campionato internacional Worldskills e no europeo Euroskills.

Podedes ver como Pablo recolle o Premio (a partir do m.43) na Gala do Galicia Skills.

Fonte

  • Concello de Laxe.

comentarios