Un novo curso en Laxe para atención sociosanitaria a persoas dependentes
06:48 10/11/16
Estas mulleres xa sacaron o Certificado de Profesionalidade de Atencion Sociosanitaria en Colaxe
Dado o alto índice de envellecemento da nosa bisbarra, unha das profesións máis demandas é e será o de atención sociosanitaria. E para iso, o Centro Colaxe está a desenvolver diferentes cursos para obter o Certificado de Profesionalidade a persoas dependentes, obrigatorio xa para exercer.
Así, abre o prazo de inscrición para este novo curso, que arrincará en xaneiro xusto despois de que máis 15 mulleres sacasen o certificado noutro dos seus cursos.
O de xaneiro será de 4 meses, en horario de tarde, e con prazas limitadas. Os interesados en facer o curso, poden informarse e/ou inscribirse no 981 728 319 ou enviando un correo a [email protected].
Novas relacionadas
- Colaxe gaña a primeira edición do concurso de música infantil Quero Cantar.
- 2013: Nace Colaxe, un novo espazo educativo para o pequenos de Bergantiños.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).