Martes. 23.04.2024
El tiempo

“Un rural sen escolas é un rural imposible”

“Un rural sen escolas é un rural imposible”
Reunion de ANPAS Galegas en Laxe Reunión de ANPAS Galegas en Laxe

A Plataforma en defensa do Ensino no Rural reuníase este pasado xoves 20 de xullo en Traba (Laxe). Unha cita presidida por Javier Sánchez, presidente da Confederación ANPAS GALEGAS, na que comezaba coa explicación da xuntanza cos grupos parlamentarios no Parlamento Galego, onde se pediu da creación dun Plan Específico para o Rural, a través dun grupo de traballo participativo.

Unha xuntanza que dá como resultado que a Confederación elaborará un documento base coas premisas que se redactará proximamente e que se presentará na vindeiro reunión, que terá lugar en Boimorto, o próximo 21 de setembro de 2017, ás 17:30 horas.

O que quedou patente é a necesidade de organizarse como un gran grupo interdisciplinar con personalidade social ou civil, e acordouse por unanimidade a necesidade de crear ese Grupo, do que queda pendente a súa denominación, que terá a máis ampla base social posíbel. Para esta tarefa contactarase con todos aqueles colectivos que teñan entre os seus obxectivos a defensa do Rural Galego.

A reunión foi moi participativa, cunha tormenta de ideas sobre estratexias e medidas específicas que deben levarse a cabo para o desenvolvemento integral, comprometido coas xustas reivindicacións que defende a plataforma. Especificamente, e como consecuencia das últimas actuacións da Xunta de Galiza ao respecto, as persoas asistentes consideran necesaria unha moratoria nas reducións de unidades escolares, profesorado e recursos educativos que está desenvolvendo a Administración educativa galega: “un rural sen escolas é un rural imposible”.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios