Sábado. 27.07.2024
El tiempo

Volven pedir no Parlamento unha actuación para evitar o problema dos áridos no paseo de Laxe

Praia de Laxe aridos BNG
¡
Volven pedir no Parlamento unha actuación para evitar o problema dos áridos no paseo de Laxe

Décadas leva Laxe sufrindo a problemática da invasión de area da praia no seu paseo marítimo. Un asunto que bloquea a infraestrutura de saneamento e que supón un problema para a hostalería e o comercio local. 

Pero a pesar das numerosas queixas e das peticións, o asunto leva máis de 2 anos esquecido nas administracións, tras ver como as administracións se pasan a pelota de tellado en tellado.

”É imprescindible que a praia de Laxe recupere o seu perfil orixinario, transformado polas obras do dique”, entenden dende o BNG, en relación a zona do paseo marítimo e da praia e á invasión de area que sofre continuamente a día de hoxe.”A remodelación do dique modificou as correntes, o que, á súa vez, provocou o arrastre de grandes cantidades de area cara a parte occidental do areal. E froito deses “efecto dominó”, ese arrastre de area formou un novo campo dunar (polo tanto artificial) na parte occidental, que a día de hoxe impide ver o mar desde os establecementos de hostalaría, restauración, e comercio local. Até o punto de exceder a area o muro que separa o paseo da praia”, explcan.

Por iso o BNG presenta por escrito na Comisión 8ª unha proposta oral na que pide que “o Parlamento insta o Goberno galego a executar un Plan de actuación de rexeneración para devolver a praia de Laxe ao seu perfil orixinario, distribuíndo por toda a praia a area que conformou o novo campo dunar (por acumulación na parte occidental), circunscribindo a intervención á zona baixa do paseo.”

Máis novas sobre os problema cos áridos na praia de Laxe

 

Comentarios