Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A Xunta contactará finalmente co Goberno central para buscar solucións aos áridos

  • A Conselleira informou aos representantes municipais dos avances no plan de xestión da Paisaxe protexida dos Penedos de Pasarela e Traba, que comezou a elaborar este verán e cuxa memoria inicial está pendente de someterse a participación pública.
 A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, reunirase co alcalde de Laxe.
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, reunirase co alcalde de Laxe.
A Xunta contactará finalmente co Goberno central para buscar solucións aos áridos

Apenas un mes despois de rexeitar no Parlamento unha proposta do BNG para buscar unha solución definitiva, o PP vén de anunciar negociará co Estado unha solución ao problema da acumulación de area na praia de Laxe.

Foi o alcalde en funcións Paco Charlín o que acodía este venres á consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para instar a Xunta a mover ficha co goberno central e entre ambas tomen cartas no asunto. Tal e como lle trasladou o tenente de alcalde, Francisco Charlín, desde que se construíu o novo porto da localidade cada ano se acumula area na zona do espigón antigo, á beira do paseo marítimo, o que fai necesario que Costas traslade o sobrante a outras zonas da praia. Esta situación está a xerar inquedanza e malestar na veciñanza xa que, segundo dixo, a area acumulada chega a obstaculizar a visibilidade do areal desde a zona urbana. Ángelez Vázquez comprometeuse a falar cos responsables do organismo estatal e tentar mediar para acadar unha solución.

A postura do BNG

Foi a insistencia do BNG clave para que este asunto se tome en serio. Nas costas do voceiro municipal Xosé Manuel Pose van tres expedientes por parte da oficina do Valedor do Pobo, unha denuncia na Fiscalía delegada de medio ambiente de Galicia, a aprobación dunha proposición non de lei no Parlamento Galego; o rexeitamento en catro ocasións que levou o asunto ao Congreso dos Deputados e incluso ao Parlamento Europeo incontables reunións con Portos de Galicia e coa Demarcación de Costas; unha recollida de sinaturas en change.org; a manifestación máis multitudinaria da historia do concello…

Unha marea de iniciativas, entre elas a pregunta de apenas hai unhas semanas na Comisión 8ª do Parlamento que rexeitou o PP pedindo precisamente que a ”Xunta e o Goberno do Estado se puxesen a traballar de xeito coordinado para buscar unha solución técnica definitiva a un problema que, na nosa opinión, é moi grave, posto que afecta á seguridade marítima”.

”Oxalá desta volta o compromiso sexa firme e serio e non só un xesto máis de cara á galería. Dende o BNG insistimos en que a solución definitiva debe ser consensuada entre a Xunta, como titular do porto, e o Goberno central, que debe autorizar a actuación. E esa solución pasa pola reforma integral do porto, unha obra de envergadura, cun custe elevado e que require vontade política, pero, sobre todo, colaboración entre administracións e compromiso orzamentario. É o que solicitamos dende o BNG”, declarou o deputado nacionalista Daniel Pérez.

Penedos

Igualmente, e trala petición realizada polos Concellos de Vimianzo e Laxe, a conselleira aproveitaba a visita para explicar o estado de tramitación do plan de xestión da Paisaxe protexida dos Penedos de Pasarela e Traba. A Xunta anunciaba en 2018 que recuperaba o Plan despois de 10 anos esquecido no caixón pero ata o pasado 11 de agosto os Concellos non sabían nada. O documento saíu no Diario Oficial de Galicia do pasado 11 de agosto e nestes momentos, está pendente de que se someta a memoria inicial do plan de xestión da paisaxe protexida ao procedemento de participación pública.

NOVAS dos Áridos

NOVAS SOBRE OS PENEDOS DE TRABA E PASARELA

Comentarios