Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Unha voz palestina para as concentracións comarcais

Concentracion en Carballo por Palestina co BNG de Laxe
Familias palestinas e saharaouis con xentes do BNG de Laxe na concentración de Carballo por Palestina
Unha voz palestina para as concentracións comarcais

Novo luns de concentracións na comarca en solidariedade con Palestina. Desta volta, a chuvia obrigou a facer as citas en interior, tendo que poñerse a refuxio na Casa do Concello de Carballo e na Capela do Pilar de Corcubión.

Concentracion en Corcubion por Palestina
Concentración en Corcubión

En Carballo houbo vsita especial, xa que asistiu a familia de orixe palestino que reside na vila de Laxe e onde a nai da familia tomou a palabra nun acto cargado de emoción. Acompañados polos membros do BNG de Laxe, esta familia de Cirxordania que leva na comarca dende 2014, un matrimonio e dois fillos que van a escola a Laxe, e máis unha rapaza do Sáhara, quixeron poñer o seu grao de area para visibilizar o xenocio que vive o seu pobo.

Concentracion en Carballo por Palestina BNG Laxe 2
A palestina veciña de Laxe falou en Carballo

Foi concelleira do BNG de Laxe Cristina Vázquez a que deu paso a voz á veciña Maha Mendis (natural de Hebrón, Cisxordania) para que falara en nome da súa familia, nun acto moi emotivo onde se abrazaron cun aplauso de varios minutos de duración as palabras de Maha.
“Imos seguir saíndo ás rúas o tempo que faga falta, sen importar chuvia ou neve. Temos que esixir aos gobernos estatal e europeo que tomen medidas reais fronte ao xenocidio que está a sofrer o pobo palestino”, comenta Vázquez, “temos unha obriga para cos nosos veciños procedentes de Palestina de acompañalos nestes momentos tan duros para o seu pobo, e aliviar as súa preocupación sobre o futuro das súas familias, os seus amigos, e a súa terra, e que sintan que non están sós, que a sociedade bergantiñana está con eles, que Laxe está con eles”.

Lembraron que xa van xa cinco semanas de bombardeamentos indiscriminados contra poboación civil, contra barrios enteiros, contra campamentos de refuxiadas, contra escolas e a universidade de Gaza, contra hospitais e clínicas, contra os pasos fronteirizos para limitar a entrada de axuda humanitaria, contra os convois de ambulancias e as equipas de emerxencias, contra templos musulmanos e cristiáns, contra xornalistas perfeitamente identificados e até contra instalacións da UNRWA, Maha explicou emocionada e rodeada da súa familia que “como nai é moi duro pensar en todas as crianzas que faleceron ata o de agora na franxa, e naquelas que están feridas en hospitais sen recursos, ou as que quedaron orfas, palabras que emocionaron a todas as persoas presentes.

Máis novas

Comentarios