Sábado. 27.04.2024
El tiempo

1ª Autonómica: O Malpica despídese do ascenso

1ª Autonómica: O Malpica despídese do ascenso
Malpica-Arzua-Foto-Wash-Calvo.

Deixou mal sabor de boca esta xornada 32 da 1ª Autonómica. O Arzúa chegaba a Pedra Queimada coa promoción en xogo entre ambos, e ademais de levar os puntos, endosou unha dolorosa goleada aos malpicáns.

Ademais, a atención céntrase na Esteirana. Pendente tamén do XSC na Preferente, os esteiráns quedarían hoxe en postos de descenso, pero parece que o empate ante todo un líder dalles forzas para as vindeiras xornadas. De feito, a semana que vén visita ao veciño Camariñas, e pechará a temporada nun duelo directo, que pode ser unha finalísima, na casa ante o Amio.

Camariñas e Ponteceso, xa descendidos matematicamente, dan minutos aos seus xuvenís. Mentres o Baio segue ao segundo facendo unha temporada espectacular, e ata vai loitar pola 5º praza.

A Clínica Vértebra patrocina a 1ª Autonómica - Coñécenos a través do Facebook

Malpica - Arzúa (0-5)

11 do Malpica ante o Arzua-Foto-Luis POrto
  • MALPICA: Pombo, Adrián, Manu Casal (Mario Casal, min.56), David Castro, Alemán, Fernando Varela, Juan Carlos, Cheo, Abel, Ismael (Eloy Cabeza, min.5), Óscar Suárez.
  • Goles: 0-1, min.2; 0-2, min.49; 0-3, min.58; 0-4, min.65; 0-5, min.75.

Foi un partido raro para o Malpica. Se ben o Arzúa é xusto gañador e de feito liquidou o partido moitísimo antes do final, foi clave a efectividade dos visitantes e a falta de acerto dos locais. O choque xa arrincaba cun gol visitante aos 3 minutos, e cun balón ao longueiro de Manu Casal. Era o sino do partido, pois ao Malpica, aínda que o tentou, non lle saíu ningunha das que tivo e que puido metelo no partido.

O Arzúa estivo moi firme, moi intenso, e non dou facilidades. Óscar Suárez e Fernando Varela tiveron ocasións no primeiro tempo para empatar, pero o marcador non se movería. E no comezo da segunda chegaría a sentencia. 3 xogadas case consecutivas mataban o partido a base de eficacia. 3 chegadas, 3 goles e partido listo.

Así e todo, toda a parroquia malpicá quere felicitar o traballo dos rapaces. “Fixeron uns números extraordinarios nesta liga e conseguiron ser un bloque que en moitos momentos armou un fútbol de moito máis alto nivel”, cóntanos por exemplo o siareiro Wash Calvo. Agora a pensar na Copa e tentar repetir o papel do ano pasado nela, na que chegaron á final.

Malpica-Arzua-Foto-Wash-Calvo-2

Ponteceso - Cordeiro (0-6)

  • PONTECESO: Illote, Diego Collazo (Adrián Pozse, min.80), Dani Cotelo (Ismail, min.73) , Javi Peón (Jorge, min.46), Martín Puente, Mendieta, Josito, David Brella, Youssef (Yago, min.55), Alberto Recarey e Nando.
  • Goles: 0-1, min.7; 0-2, min.11; 0-3, min.17; 0-4, min.44; 0-5, min.60: de penalti; 0-6, min.77.

Partido para esquecer dun Ponteceso cheo de xuvenís, que xa se decantou no primeiro cuarto, cando 3 chegadas dos visitantes se convertiron en 3 tantos, imposibles de levantar, tal e como está o equipo.

Esteirana - Noia (2-2)

  • ESTEIRANA: Manu, Tobío (Roi, min.69(, Codesido (Maseiras, min.78), Simón, Sui, Dani Rama, Josiño, Pabliño, Eloy (Adrián Lourido, min.69, Alex e Adrián.
  • Goles: 1-0, min.7: Adríán recolle un balón as costas e empala perfectamente. 1-1, min.35: Centro raso desde banda e o dianteiro a cruza acertadamente. 1-2, min.60: Mal despexe dos locais que deixa o balón na área e marca o Noia. 2-2, min.83: Centro desde a esquerda que un denfesa intenta despexar e méteo en propia.

Partido de rivalidade na liga de 1ª autonómica. Chegaba a Esteiro o campeón da liga, que por certo, negouse rotundamente a recibir o clásico e bonito pasillo aos campións. Xogábase a Esteirana moitísimo, pois a súa situación na tabla esixe puntos. Tamén a honra e a historia entraba en xogo, fai moitos anos eran os dous equipos da ría, aí que supoñía algo máis ca un partido!

Comezou con moi bo pé a Esteiraba poñénose por diante no marcador con un gol de Adrián, que o fixo todo ben, o desmarque e a finalización. Os primeiros 20' continuaron cun Noia dispoñendo da posesión en campo propio e coa presións dos locais cando pasaban do centro. Pouco a poico baixou a intensidade o equipo de Esteiro o que facilitou que chegaran as ocasións dos visitantes. Nunha destas empataban o encontro de xeito merecido.

A segunda parte discurriu de xeito similar, con dominio dos Noia e rápidas saídas a contra. En ambas xogadas desafortunadas producíronse os dous goles deste período. Un mal rexeite habilitou ao dianteiro dos visitantes para que marcase o segundo. E a dez do final, o empuxe dos locais propiciou un despexe que se foi cara a porta, enganando ao porteiro e deixando no marcador o 2-2 final.

Un punto que non chegou a nada e deixa por primeira vez en toda a tempada, a Esteirana en postos de descenso (contando un arrastre). Os rivais da zona baixa apretan moito e fai que se poña moi caro a permanencia. Farán falta 39 puntos para estar libre. A liña é decadente e preténdese sacar estes dous partidos restantes e así conseguir a ansiada permanencia.

Piloño - Baio (1-2)

  • BAIO: Manuel, Jose, Alberto II, Fredi, Eloy (Chema, min.46), Yago (Norber, min.57), Fachal, Brais (Martín, min.55), Rubio, Christian e MC (Alberto, min.60).
  • Goles: 1-0, min.15; 1-1, min.38: Eloy; 1-2, min.41: Rubio.

Cun banquilño de luxo, e dous goles ao fío do descanso o Baio sentenciou o choque ante o Piloño e segue sen coñecer o seu teito o equipo de Félix. O cadro baiés soubo ler o partido, repoñerse ao gol do cuarto de hora, saber das urxencias do cadro local, e a base de toque, tranquilidade e calidade, Eloy e Rubio daban a volta ao marcador.

6º queda o Baio, e ollo ca 5ª praza, que o filial do Bertamiráns está só cun punto de vantaxe sobre os baieses.

Unión - Camariñas (2-2)

  • CAMARIÑAS: José Luís, Sergi (Xabi, min.70), Santi, Javi, Sule, Congui, David, Brais, Moriño, Mario Toja (Martín, min.46) e Pirucho (Wii, min.46).
  • Goles: 1-0, min.30; 1-1, min.37: Brais; 2-1, min.58; 2-2, min.89: Sergi.
  • Expulsión: David (min.60).
  • Lesións: Wii e Pirucho.

Empatiño que deixa sabor de boca en Camariñas pois foi un partido onde os protagonistas foron os 6 xuvenís que tiveron que entrar na convocatoria de Berto. O cadro palilleiro, cheo de baixas, fixo unha boa primeira metade, sendo mellor que o rival, pero as lesións e a expulsión de David á hora de partido, en desvantaxe no marcador, deixaba un final que non parecía moi proveitouso. Pero loitaron os camariñáns, e xa case que co tempo cumplido arañaron un puntiño que, se ben non vale para evitar o irremediable descenso, si vale para alemntar aos José Luís, Santi, Martín, Javi, Xabi… Os novos xuvenís dirixidos por Pirucho, que ademais veñen de facer unha temporadamente tremendamente intensa na súa categoría.

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios