3ª Autonómica: Seaia e Ameixenda loitarán por un posto na Liga da Costa


Xa temos finalísima da Promoción de Ascenso da 3ª Autonómica. Seaia, no seu primeiro ano en competición, e Ameixenda disputaranse a praza de ascenso á Liga da Costa nun duelo a doble volta espectacular.
Xa na ida o Ameixenda deixara sentenciado o pase goleando ao Lira. Pero todo quedaba para a volta na outra eliminatoria. Coristanco e Seaia se xogaban todo na Rocheira e o cadro malpicán sorprendeu acadando o pase á final no seu, como dicimos, primeiro ano en competición.
Podedes ver como queda o cadro completo en www.copadacosta.com.

Coristanco - Seaia (1-3)
- CORISTANCO: Jack, Marquiños, Morientes (Sergio, min.60), Rubén, Facal, Mato, Moreno,(Gonzalo, min.46), Luís, Mallón (Benítez, min.46) e Torreira (Pazos, min.60).
- SEAIA: Jesús, Juni (Elsi, min.65), Vistas, Zala, Parga, Adra (Vilariño, min.60), Uru, Dimaga, Medros (Martínez, min.70), Camilo (Pablo, min.85) e Richard.
- Goles: 0-1, min.10: en propia meta nunha mala cesión de cabeza ao porteiro; 0-2, min.15: Camilo anota un fermoso gol a pase de Uru; 0-3, min.35: Richard de falta pola escuadra; 1-3, min.60: Gonzalo de penalti.
Unhas 350 persoas na Rocheira para ver o partidazo da 3ª, un choque con pouco fútbol debido á tensión nos dous equipos, ao que saíu o Seaia a presionar dende o minuto 1. E sorprendeu a presión aos locais pois en apenas 15 minutos o cadro malpicán case que sentenciaba a eliminatoria con dous tantos rápidos, un en propia meta e outro aproveitando un regalo da defensa.
Soubo nadar e gardala roupa o Seaia, que tralo 1-1 da ida sabía que o Coristanco necesitaba 3 tantos. O cadro local buscaba balóns directos, pero sen demasiadas ideas, xa moi tocados polos primeiros 15 minutos. Richard facía o terceiro pola escuadra nunha falta.
Xa na segunda saiu o Coristanco a por todas, ante un Seaia pechado atrás, tentando durmir o partido. Gonzalo recurtaría dende os 11 metros, e aínda houbo algunha ocasión máis pero a remontada quedaba lonxe.
Así e todo, hai que destacar o gran traballo de Da Silva ao fronte do equipo verde, tanto nos maiores coma nos xuvenís, dando estabilidade ademais á entidade en materia deportiva.
Lira - Ameixenda (0-2)
- LIRA: Simón, Josiño, Joserra, Brea, Cristian, Manu, Cibrán, Víctor, Óliver e Alex. Tamén xogaron: Andrés, Saúl, Demetrio, Adrián e Javier de Milucha.
- AMEIXENDA: Óscar Riolo, José Manuel (Grille, min.70), Javichu, Bruno, Samuel, Iván, Jesús (David, min.65), Jorge, Borja (Demetrio, min.75), Momaño (Mateo, min.70) e Rioliño (Alex, min.62).
- Goles: 0-1, min25: Iván de cabeza; 0-2, min.60: Momaño nunha xogada combinada.
- Lesionados: os lirachos Simón, Cristian, Saúl e Óliver.
Nada podía facer o Lira tralo 5-0 da ida, e xa apenas prantexou batalla, tendo en conta ademais que o sábado houbo Festa dos Remedios Novos en Lira…
O Ameixenda, máis metido no partido, sentenciou pronto e o resto do partido apenas tivo intensidade. Así e todo, e a pesar das baixas, o Lira intentou cando menos adicar unah vitoria aos seus fieis, pero ata 3 paus, e varias grandes intervencións de Óscar Riolo baixo paus, impedírono.
Máis información
- APP “Fútbol da Costa” para Android.
- APP “Fútbol da Costa” para iPhone.
- www.futboldacosta.com.
- www.copadacosta.com.
Crónicas da semana
- 2ª Autonómica: O Corme xa pensa na 1ª.
- 1ª Autonómica: O Malpica despídese do ascenso.
- Preferente: O Dumbría di ata logo ao ascenso e o XSC aférrase á categoría.
- Resultados e crónica dunha xornada que deixa ao Corme a un paso da Liga da Costa.
Artigos relacionados
- Os Biberones tamén teñen a súa I Copa da Costa.
- A febre deportivista espállase por Verdillo.
- Baio e Porteño celebraron os 50 anos da Liga da Costa.
- Xa chegaron os cromos da SD Fisterra.
- Lema Suárez: O 12 de abril, a data exacta dos 50 anos da Liga da Costa.
- O Gato parapenaltis.
O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).