Luns. 29.04.2024
El tiempo

Os 66 negocios que participan na Campaña Merca Nadal de Malpica

  • O Concello lanza ademais o Concurso de Escaparates
merca malpica nadal
Os 66 negocios que participan na Campaña Merca Nadal de Malpica

O Concello de Malpica presentou a campaña “Merca Nadal Malpica” impulsada pola Concellaría de Promoción Económica, que dirixe Milo Fernández. A campaña comezará o venres 15 de decembro e o funcionamento é o seguinte: hai sesenta e seis negocios adheridos, nos cales por cada 5 euros de compra, os clientes recibirán unha rifa para optar a un vale de 100 euros para gastar nos mesmos. Sortéanse cinco tarxetas en total.

A campaña remata o 5 de xaneiro. Trátase de fomentar a compra na vila nestas datas tan importantes para as empresas. O sorteo levarase a cabo en directo no Facebook do Concello de Malpica.

Este é o listado dos negocios que forman parte desta campaña:

  • 1. Floristería Maica 
  • 2. Floristería Lolita
  • 3. Farmacia Atlántico 
  • 4. Farmacia Buño 
  • 5. Fisioterapia Onda Fisia
  • 6. Estanco Casa Pardo
  • 7. Estanco Vanesa de Carabel
  • 8. Estanco Visi 
  • 9. Peluquería Isabel
  • 10. Peluquería Ana Ures 
  • 11. Peluquería Cristal 
  • 12. Peluquería Luis
  • 13. Peluquería Marta 
  • 14. Peluquería Lucía Esther
  • 15. Peluquería Lorena
  • 16. Peluquería Tamara 
  • 17. Peluquería Spellos 
  • 18. Alverixa
  • 19. Fercal 
  • 20. Elemoba
  • 21. Lotería Pedra de Ouro 
  • 22. Joyería Pallas 
  • 23. Joyería Díaz Antelo 
  • 24. Zapatería Lema Cachaldora 
  • 25. Zapatero Antonio Buño 
  • 26. O Obradoiro
  • 27. Librería Miguens 
  • 28. Muxa 
  • 29. Lolas
  • 30. Armas
  • 31. A tienda de Vera
  • 32. Teresiña de Facal 
  • 33. A tenda de Tía Carmen 
  • 34. Agro mMens 
  • 35. Falsete 
  • 36. Feituras
  • 37. Alfarería Faya 
  • 38. Alfarería Aparicio 
  • 39. Alfarería Lista
  • 40. Cerámica Creare 
  • 41. Súper Elías 
  • 42. Súper MM
  • 43. Frutería Sandra 
  • 44. Frutería Cristina 
  • 45. Doces e Mecos
  • 46. A tienda de Maria Luisa
  • 47. Carnicería Moncho 
  • 48. Carnicería Lola
  • 49. Forno Novo 
  • 50. Panadería Labrador
  • 51. Pescados As Pilaras
  • 52. Pescados Gente
  • 53. Pescados O Botero
  • 54. Comestibles Varela
  • 55. Congelados Gloria 
  • 56. Ultramarinos Serafín 
  • 57. A de Vítaro
  • 58. Gasolinera Cerqueda
  • 59. Reales seguros
  • 60. Asfeco 
  • 61. Asesoria Pardo
  • 62. Gontad Seguros
  • 63. Asesoría Buño
  • 64. Aparejador Indelecio Arman
  • 65. Floristería Ermitas
  • 66. Peluquería Josefa

Concurso de escaparates

Seguindo coa tradición dos anos anteriores Alfredo Cañizo, concelleiro de Turismo e Festexos, presentou o concurso de escaparates, de temática propia do Nadal. Os establecementos interesados teñen ata o próximo mércores, día 20 de decembro ás 14.00 horas para apuntarse. Deberán cubrir un formulario que se pode descargar na páxina web ou solicitalo no Concello de Malpica.

Os participantes deberán ter adornado o escaparate dende o día 20 de decembro ata o día 7 de xaneiro. Poderán participar aqueles negocios de Malpica que teñan locais con escaparates ao exterior. Para a valoración dos mesmos, terase en conta a calidade artística, a composición, creatividades e orixinalidade. Haberá premios a repartir entre os mellores. Un primeiro de 300 euros, un segundo de 200, e sete terceiros de 100.

Máis novas

Comentarios