A Anpa do colexio de Malpica esixe o visto bo da Xunta para a xornada única
Son moitos os centros de ensino nos que os pais e nais participan na decisión de facer unha xornada única ou non para os seus cativos. De feito facíamonos esta mesma pregunta a finais de ano sobre a conveniencia ou non da xornada única.
É, de novo, a ANPA Ventorrillo do CEIP Milladoiro de Malpica a que saca o asunto de novo á palestra, asegurando que “segue agardando o visto bo en transportes da Consellería para seguir o procedemento da solicitude presentada para a xornada única neste colexio”.
I é que as últimas informacións sinalan que a consecución da xornada continua “pode ser posible e as nais e pais esperan que a súa petición sexa atendida canto antes para que se axilicen o resto dos pasos co obxectivo de que se aplique no vindeiro curso”, por iso a ANPA espera “unha resposta definitiva á volta das vacacións de Semana Santa para tomar as determinacións que conveñan”.
Novas relaciondas
- 19-11-14: Xornada continua nas escolas?.
- 14-11-14: Os recortes nas escolas xa están na rúa.
- 30-06-14: A ANPA do CEIP de Malpica esixe unha solución aos problemas de persoal.
- 05-09-11: Os recortes no ensino deixan torto o CEIP Milladoiro de Malpica.
- A ANPA do Eugenio López volve solicitar a xornada única.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).