A MOB estrea imaxe na Coruña
A Mostra de Olería de Buño tivo o seu propio posto na Feira das Marabillas da Coruña
Xa temos en marcha a campaña de promoción do MOB, si, a Mostra da Olería de Buño que este ano chega con nova imaxe. O Concello vén de levar a olería costeira á Feira das Marabillas da Coruña, coa presencia do oleiro José Antonio Corral facendo unha demostración no torno en plena Praza de María Pita. A cita serviu para presentar o programa de actividades que se desenvolverán dende o 4 ata o 13 de agosto.
A Mostra da Olería volverá a celebrarse no Parque de Luciano García Alén, no que estarán abertas as casetas de venda de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas, unha exposición do fotógrafo Peter Schneider, outra de artesanía, unha zona gastronómica e outra infantil. Pero a Mostra terá tamén como escenario o Ecomuseo do Forno do Forte, onde haberá a diario obradoiros de barro e exposición dos oleiros e oleiras de Buño.
PROGRAMA DE ACTIVIDADES
VENRES 4 DE AGOSTO
17.30 Concerto Raigañas no Parque Luciano García Alén
18.00 Acto oficial de inauguración
18.30 Visita ás instalacións da Mostra da Olería de Buño
SÁBADO 5 DE AGOSTO
11.00 a 20.00 Cocedura Tradicional no Forno do Forte
19.30 Actuación de Carcaxía no Parque Luciano García Alén
21.00 Carroa no Forno do Forte
22.30 Actuación de Pelepau no Forno do Forte
DOMINGO 6 DE AGOSTO
11.00 a 14.00 Descarga do Forno do Forte
13.30 Sesión vermú con De Vacas (Parque Luciano García Alén)
LUNS 7 DE AGOSTO – DÍA DO NENO
A partir das 17.30 Busca do tesouro e outras actividades
MARTES 8 DE AGOSTO
12.00 A 14.00 e 18.00 a 20 Ruta dos fornos guiada
22.30 Curtametraxes en familia
MÉRCORES 9 DE AGOSTO
19.00 e 21.00 Show The Momento Impro
XOVES 10 DE AGOSTO – FESTOLERÍA
A partir das 21.00 horas: Hellorice, The Cove, Cachas&Cousins, Dj Manuele Caamagno
VENRES 11 DE AGOSTO
17.30 Concurso infantil de modelado
21.00 Actuación Entrelas
SÁBADO 12 DE AGOSTO
17.30 Trofeo de fútbol MOB
21.30 Queimada tradicional e actuacións de Batuko Tabanka, Festicultores, Dj La SinCereza
DOMINGO 13 DE AGOSTO
12.00 a 14.00 e 18.00 a 20.00 Ruta dos fornos guiada
13.30 Sesión vermú coa Familia Caamagno
Últimas Mostras
- Mostra 2016: Unhas 15.000 persoas visitan Buño durante a Mostra da Olería.
- Mostra 2013: Unha longa semana de olería para celebrar 30 anos de Mostra.
- Mostra 2012: O turismo mantén viva a Mostra de Olería de Buño.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Mostra da Olería