A Xunta crea 11 contratos temporais en Malpica


A Consellería de Traballo e Benestar destinará máis de 178.000 euros ao desenvolvemento de distintas actuacións destinadas a mellorar a empregabilidade e cualificacións dos habitantes de Malpica ao longo de 2011. Deles 72.000 servirán para a contratación temporal de 11 persoas a través do Plan de Cooperación, dous máis que no 2010. Estes traballadores están a desenvolver labores medioambientais ou de socorrismo, entre outras.
Beatriz Mato aclarou que “o importante deste investimento é que revirte nas persoas: na súa contratación temporal e, por suposto, na mellora da súa empregabilidade”.
Ademais do investimento do Plan de cooperación, cabe salientar tamén que Traballo está a destinar máis de 76.800 euros a un curso de formación de desempregados, que beneficia a 15 alumnos, e que os formará como oleiro-ceramista.
Novas relacionadas
- Fotodenuncia: Cableado con vistas en Malpica.
- Os recortes no ensino deixan torto o CEIP Milladoiro de Malpica.
- Especialistas internacionais introducirán a construción ecolóxica na Costa da Morte.
- Un repaso ao estado da Autovía da Costa da Morte.
- En marcha o heliporto de Lires ante as fotos dos políticos.
Fonte
- Nota de prensa da Consellería de Traballo e Benestar.