Luns. 29.04.2024
El tiempo

Acordos de eficiencia enerxética para o porto de Malpica

  • O proxecto de mellora da seguridade do porto segue "en proceso de estudo"
José Antonio Álvarez, Portos de Galicia e Eduardo Parga alcalde de Malpica
José Antonio Álvarez e Eduardo Parga
Acordos de eficiencia enerxética para o porto de Malpica

O alcalde de Malpica, Eduardo Parga, reuniuse na xornada de onte co Presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, para abordar diferentes cuestións sobre a situación actual do porto do municipio.

Álvarez asegurou que o ente están traballando tamén na licitación do alumeado dos portos, entre as que se atopa a mellora da liña enerxética do porto de Malpica, que foi outra das peticións realizadas por Parga durante o encontro. Por outra banda, está tamén para licitar, por valor de 200.000 euros, a substitución de todas as lámpadas deste espazo, que pasarán a ser led, co obxectivo de mellorar a eficiencia enerxética do lugar.

O rexedor trasladoulle a necesidade de mellorar a rede viaria, xa que presenta deficiencias importantes, o que aumenta os riscos e a
perigosidade na zona. O presidente anunciou o proxecto atópase en estado de licitación de mantemento, estando xa contempladas as melloras e a reparación destas deficiencias, así como o aglomerado da zona sur, que contará cun orzamento de 67.000 euros.


O rexedor aproveitou o encontro para preguntar sobre o estado no que se atopa actualmente a proxecto de mellora da seguridade do porto, que, segundo asegurou Álvarez, está en proceso de estudo, avaliándose a posibilidade de levar a cabo a proposta que xurdiu na última reunión coa Confraría de Pescadores de Malpica.

Comentarios