A seguridade no porto de Malpica volve quedar sen partida orzamentaria

Volveu ao Parlamento galego o proxecto de dotar de medidas de seguridade a entrada á dársena do porto de Malpica. Inmumerables as ocasións que o asunto chega ao Parlamento dende o tráxico pasamento dun mariñeiro en decembro de 2018, gracias ás continuas mocións e preguntas de BNG e PSOE, que se atopan unha e outra vez coa negativa do PP.
Desta volta, foi o deputado carballés do BNG Daniel Pérez o que levou á Comisión 8ª de Pesca deste martes unha Proposición non de lei na que esixía a "concreción dun proxecto que garanta a superviviencia do sector fundamental para a economía local"
"Levamos tres anos reclamando a execución das obras necesarias para que as manobras de entrada e saída da dársena poidan desenvolverse en condicións de seguridade para persoas e embarcacions, pero o Partido Popular continúa sen presentar un proxecto definitivo e sen consignar a partida orzamentaria necesaria para acometelo", denunciaba Pérez.
O PP volveu votar en contra da iniciativa para incluír nos orzamentos da Xunta de Galiza para o ano 2024 “unha partida específica e con dotación suficiente para iniciar nesa anualidade as obras". A voceira de Pesca do PP, Begoña Freire, na súa intervención deixou aberto a responsabilidade do propio Silvosa no seu accidente en alusión do informe presentado no seu día. Repetiu o que a mellora da operatividade do porto malpicán é "prioritaria" e repetiu o mantra de que a Xunta está "tomando datos" "baixo criterio dos técnicos". "Non caben solucións improvisadas", sinalou Freire, despois de 3 anos de estudos, apuntando Portos está en constante contacto coa Confraría e que hai 3 proxectos enriba da mesa.
Pérez, afondou no perigo diario que corren cada día en Malpica "13 cerqueiros, 30 embarcacións de artes menores, 15 dedicadas ao percebe, 1 volanteiro, 1 palangreiro de fondo e 22
mariscadores/as a pé. A confraría conta con 232 socias e socios, e nun concello que non chega a 6.000 habitantes esa é unha fortaleza que as Administracións competentes, como é o caso da Xunta de Galiza, teñen a obriga de apoiar e de defender”, manifestou.
HISTÓRICO DA SEGURIDADE NO PORTO DE MALPICA DENDE 2018
-
Marzo 23: A Xunta rexeita a proposta de ampliación do dique do porto de Malpica e propón varias alternativas.
- Marzo 22: O PSOE solicita a ampliación de 200 metros do dique de abrigo de Malpica.
- Novembro 22: O PSOE critica a mísera partida dos Orzamentos da Xunta para a seguridade na dársena de Malpica
- Xaneiro 22: O BNG presenta outra moción para axilizar as obras de seguridade do porto de Malpica.
- Novembro 21: O Parlamento acorda, con unanimidade, afrontar as actuacións de seguridade do porto de Malpica:
- Abril 21: “Deberían botarlle man porque se está correndo demasiado risco na dársena de Malpica”.
- 19-02-2021: Novas propostas para a mellora da dársena de Malpica. Continúa o estudo experimental para establecer un sistema de comportas no peirao.
- Febreiro 2020: Dous anos despois, e as embarcacións seguen xogándose a vida no porto de Malpica.
- Decembro 2020: A Xunta volve usar un sistema experimental no porto de Malpica dous anos despois do accidente mortal do Silvosa.
- Agosto 21: As obras do porto de Malpica seguen a medias.
- Febreiro 2020: A Xunta pide paciencia para acometer as obras de seguridade do peirao de Malpica.
- Outubro 2019: A Confraría de Malpica espera polas melloras prometidas.
- Decembro 19: Comeza a instalación do radar que permitirá definir o proxecto de mellora da seguridade no peirao de Malpica.
- Oubturo 19: A Confraría de Malpica espera polas melloras prometidas.
- Outubro 19: Un radar, primeira medida da Xunta para revisar a seguridade do porto.
- Xullo 19: A familia do mariñeiro falecido en Malpica entrega 10.000 sinaturas para que Portos acometa obras de seguridade no peirao.
- Xullo 19: Walter Pardo e Leiceaga piden á Xunta a a execución das obras de mellora de seguridade no porto de Malpica.
- Febreiro 19: Aprobada no Parlamento unha iniciativa para eliminar o risco na entrada do porto de Malpica.
- 31-01-19: A oposición ao completo obriga no Parlamento á Xunta a tomar medidas para o porto de Malpica.
- A seguridade no porto de Malpica volve ao Parlamento.
- A familia malpicá do falecido no mar pide solucións para o porto.
- Decembro 18: Conmoción en Galicia polos dous naufraxios da Costa da Morte.
- 20-12-2018: O mar cóbrase outra vida nun novo afundimento dun barco en Malpica.