Os alcaldes populares da costa bergantiñá únense para solicitar maior proximidade na expedición da tarxeta de transporte Xente Nova

08:49 26/10/24
Facilitar a expedición da tarxeta Xente Nova e evitar desprazamentos é o gran obxectivo perseguido polos alcaldes de Cabana, Malpica, Laxe e Ponteceso no escrito emitido conxuntamente para que este proceso poida levarse a cabo sen necesidade de realizar desprazamentos tan longos como na actualidade.
Deste xeito, no documento asinado polos rexedores destes catro municipios da costa bergantiñá apélase a que na actualidade os veciños e veciñas destas localidades deben acudir ás oficinas de Carballo e Vimianzo para expedir esta documentación, solicitando polo tanto que coa finalidade de evitar esta situación se habilite a prestación deste servizo nun punto máis próximo a estas catro localidades.
Máis novas