Apenas 5 Casas de Turismo Rural da zona participan no Outono Gastronómico de Turgalicia


Das 113 Casas Rurais de toda Galicia que participan na proposta do Outono Gastronómico de Turgalicia o apenas atopamos 5 da Costa da Morte. Estas son Casa Arpón de Malpica, Casa Ceferinos de Muxía, Casa de Trillo de Muxía, O Retiro de Barboles de Vimianzo, O Xastre de Anos de Cabana e a Xanela da Lúa de Carnota, ás que poderíamos engadir por proximidade a Casa do Zuleiro e a Casa Perfeuto María, ambas da Serra de Outes.
Trátase dunha idea para incentivar o turismo rural en zonas periféricas e este podería ser un bo escaparate para que ducias de establecimentos melloraran o seu posicionamento. Así dende o 13 de setembro ata o 15 de decembro de 2013, as casas de Turismo Rural de Galicia celebran o seu 7º Outono Gastronómico, consistente en paquetes de ofertas de menú ou de fin de semana.
Sen dúbida, o máis importante de formar parte destas iniciativas, é a promoción, pero polo que parece non todo o mundo confían nelas.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).