sábado. 10.05.2025
El tiempo

As Mulleres de Malpica Conectánse á rede en igualdade

As Mulleres de Malpica Conectánse á rede en igualdade
ALFABETIZACION DIXITAL en Malpica

Moito nos gusta ás xentes de QPC impartir estes cursos de Alfabetización Dixital pola zona. De feito, xa temos impartido por Muxía, Ponteceso, Corme, Malpica… Por iso valoramos estas sesións que serven para reducir a fenda dixital, precisamente un dos sinos deste diario.

Hoxe imos ata Malpica, onde clausuraron o curso de alfabetización informática para mulleres, incluído no programa Conectad@s da Área de Igualdade. Nove alumnas participaron na actividade, organizada polo Concello de Malpica en colaboración coa Deputación Provincial da Coruña da man da técnica de Igualdade, Patricia Vaquero, que foi, ademais, a encargada de impartir o obradoiro durante máis de dous meses.

O curso de alfabetización dixital formou parte do programa Conectad@s, que promove o coñecemento e a utilización das novas tecnoloxías para contribuír a diminuír a brecha dixital de xénero. As sesións formativas desenvolvéronse na Casa do Oleiro de Buño, onde tamén tivo lugar hoxe o acto de clausura, con panxoliñas e doces de Nadal incluídos.

O obxectivo do curso foi dotar ás participantes das ferramentas básicas en informática e novas tecnoloxías, pero tamén se traballaron de maneira transversal cuestións coma a igualdade de xénero e de oportunidades. Todas as asistentes amosáronse moi satisfeitas co resultado da iniciativa e pediron aos representantes do goberno local que sigan programando este tipo de actividades formativas.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios