Venres. 12.08.2022
El tiempo

O baile tradicional marida co barro na Mostra de Olería de Buño

Fran Gorin demostrando oleria de buno
Fran Goriín facendo a primeira demostración na cuca praza do centro da vila oleira
O baile tradicional marida co barro na Mostra de Olería de Buño

Arrincou a XXXVIII Mostra de Olería de Buño. Dende xa ata o domingo 7 de agosto, esta centenaria artesanía será unha das protagonistas da apretada Axenda da Costa da Morte. Esta mañá de xoves tiña lugar a inauguración, con presencia de numerosas autoridades, como o director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, deputado de Promoción Económica, Blas García, ou os representantes municipais, o alcalde Eduardo Parga, ou os tenientes alcaldes Alfredo Cañizo e Miguel Ángel Fdez.

Mostra Oleria Buno 2022 politicos 2

O completo programa arrincou cunha demostración ao torno de Fran Gorín. Tocoulle por sorteo abrir estas demostracións (que se repetirán os 4 días ás 12:00h e ás 19:00h na agarimosa praza de Santa Xusta) ao presidente da Asociación de Oleiros de Buño, ante a atenta ollada de xentes de todas as xeracións.

Pero se hai unha protagonista este ano é a tradición. Asociación e Concello quixeron sumar forzas entre as entidades locais, e unir a olería co baile e a música tradicional. De feito, o día grande da Mostra, o sábado, leva este ano o nome “Báilalle a roda”, un xogo de palabras que lembra o que os oleiros lle dicían aos aprendices cando quería máis candela no torno: “Fálalle á roda”. Así, este sábado está dedicado á tradición, ao baile e á música tradicional, coa presencia dos grupos das entidades Raigañas (Cerqueda), Carcaxía (Seaia), Malante (Malpica), Arrancadeira (Buño), ademais dos Petadores de Zas e os Atrevidos do Alpendre de Carballo.

O programa ten tamén contacontos, momentos especiais como a presentación do libro “Buño de Seu”, de María Barca, do que xa falamos hai un tempo, e música, coas sesións vermú de sábado e domingo protagonizadas por Ailá e Arredores, o proxecto da veciña de Cerqueda Icía Varela.

Mostra Oleria Buno 2022 politicos

Dende a banda política, Blas sinalou que “temos que traballar conxuntamente todos, Deputación, Concello e Xunta, para seguir mantendo este valor e esta marca oleira por riba de todo”, amosando o seu maior respecto polos que hoxe son “os protagonistas, os profesionais que se dedican a diario a crear esas pezas únicas”.

Dende a Xunta, valoraron a importancia turística de eventos coma este. Heredia destacou pasos da olería como a súa inserción no mundo da gastronomía, deixando claro que “os oficios artesanais encaixan á perfección coas tendencias de consumo consciente, de produción sostible e local e de economía circular que, xunto coa creatividade da artesanía, están a chamar a atención de grandes marcas de moda e de decoración que buscan comunicar os valores que representan”.
Nava Castro lembrou os artesanáns que xa forman parte da marca Artesanía de Galicia como Obradoiro Cambón, Alfarería Rulo, Cerámica Creare, Alfarería O Falsete, Alfarería Feituras e Obradoiro Gorín.

Máis información

Máis novas da Olería

comentarios