Os balóns da Olería de Buño, listos para a Gala do #FutboldaCosta

Todo listo para a VII Gala do Fútbol da Costa - QPC. Hoxe, venres 1 de xullo de 2022, volvemos vernos as caras 3 anos despois da última edición. Farémolo a partir das 21:00h no Centro Cívico de Malpica, convertindo este evento, na previa da final da Copa da Costa, nun punto de encontro no que nos vemos as caras e tratamos de vertebrar a Costa da Morte a través do fútbol. Porque o Fútbol da Costa é moito máis que un deporte; é, coma sempre dicimos, un activo social comarcal.
Con Fran Hermida como eterna voz do noso fútbol, e Adrián do Regenco sacándonos as risas, faremos entrega de máis de 40 destes singulares trofeos.
Porque boa parte dos que, de seguro encherán o auditorio, chegarán coa ilusión de levar un destes prezados balóns da Olería de Buño para os seus salóns. Todo un mito xa na comarca, pois levamos dende a segunda edición convertíndoos en obxecto de desexo de cada xogador/a da Costa.
Uns trofeos feitos co máximo cariño polos artesáns de Feituras, facendo visible o noso intento de poñer en valor a nosa milenaria artesanía oleira.
Temos máis de 40 premios, con Fútbol Feminino como protagonista; faremos unha viaxe do futuro (co premio do Fútbol Base) ao pasado (co Premio HIstórico), e teremos momentos de emoción lembrando persoas que nos deixaron antes de tempo como Alex Pombo ou Abdoulaye.
Gala 2022
- Gala: E os finalistas a Mellor Equipo, Mellor Adestrador e Mellor Xogador da Costa son….
- Gala: A do Fisterra, a do Corme e a do Volantes, as nominadas para o Premio O Semáforo á Mellor Afección
- Gala: Os 22 finalistas ao Mellor 11 do Fútbol da Costa.
- Gala: As Finalistas aos premios do FUTFEM.
- Adrián do Regenco porá a nota de humor na Gala do Fútbol da Costa-QPC.
- O Cee Prebenxamín, Premio Abdoulaye ao Fútbol Base na Gala do Fútbol da Costa.
- A lista de nominad@s para a VII Gala do Fútbol da Costa-QPC 2021/2022.
- Marcos Ordóñez: Unha merecida homenaxe para Milucho e Jesús.
- Xosé Manuel Varela: Milucho, memoria imprescindible da vila oleira de Buño.
- 2022: Bruno Méndez, David Cancela e Chris Sendón, finalistas ao Premio Lucas Vicente Vidal da Gala QPC.
- 2022: César, Marta e Rubén, nominados ao Delegado do Ano na Gala do Fútbol da Costa.
- 2022: Diego, MJ e Andrea, @s Álex Pombo do Fútbol da Costa.
- 2022: Alejo, César e Lucía Canosa, @s pichichis que recibirán un Balón de Buño na Gala do Fútbol da Costa-QPC.
- 2022: O Premio do Árbitro do Ano da Gala do Fútbol da Costa QPC levará o nome de Lucas Vicente Vidal.
- 2022: Volve a Gala do Fútbol da Costa - QPC con 40 premios.
Repaso das Galas
- Gala 2019: O Fútbol da Costa pechou o curso 18/19 na VI Gala QPC.
- Gala 2018: A Gala QPC puxo en Santa Comba o emocionante broche de ouro á temporada do Fútbol da Costa.
- Gala 2017: A emoción, protagonista da Gala do Fútbol da Costa – QPC.
- Gala 2016: Unha Gala para seguir unindo o Fútbol da Costa.
- Gala 2015: O Outes, Iago, e Álex Pombo foron os protagonistas da II Gala do Fútbol da Costa – QPC.
- Gala 2014: QPC entregou os premios do Fútbol da Costa 2013-2014.
- 2013: Presentación do Álbum: A noite das estrellas do Fútbol da Costa.