Martes. 16.04.2024
El tiempo

Buño quece motores para a XXXVII Mostra de Olería

Fran Gorin en Compostela
Fran Gorín promocionou a Mostra en Compostela
Buño quece motores para a XXXVII Mostra de Olería

Ao longo da pasada fin de semana a olería de Buño estivo presente en lugares como a Praza do Toural de Santiago. De embaixador fixo Fran Gorín, do Obradoiro Gorín, promovendo a XXXVII Mostra de Olería.

Unha edición, que vai do 12 ao 15 de agosto, que volve poñer o foco n@ oleir@, e na que haberá as clásicas demostracións do oficio, diversas exposicións, charlas, coloquios, espectáculos, pasarrúas e un concerto a cargo de Guadi Galego.

O horario de apertura da Mostra e das casetas será de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 horas os catro días. Haberá un número limitado de convites para aquelas compras de Olería de Buño nas casetas. Ademais, durante eses días permanecerá aberto o Espazo Zoquiñas Vermellas e haberá unha exposición permanente no Parque Luciano García-Alén.

O programa

Programación Mostra Oleria Buño 2021

Será o pasarrúas da Asociación Cultural Malante o que sirva de saída ás 12:00 horas do xoves 12. Ás 13:00h realizarase a primeira demostración ao torno de Olería de Buño na Praza de Santa Xusta. Estas exhibicións repetiranse os catro días en horario de mañá e de tarde.
Pola tarde, ás 18:00 horas, a Asociación Visibles inaugurará a exposición ‘Sen elas non hai olería’.
A partir das 19:00 horas, Malante amenizará a xornada cun pasarrúas. O mago Álex Louzao pechará o primeiro día da Mostra cun espectáculo para todos os públicos ás 20:00 horas.

O venres 13,. arrancará a xornada de actividades co programa Radio Hit en directo ás 12:00 horas. A Asociación Malante estará a cargo dun pasarrúas previo á inauguración da Obra Colectiva Zoquiñas Vermellas. O evento comezará ás 12:30 horas na Praza do Cruceiro e contará con Ana Saavedra, presidenta da Asociación Mirabal.
Manuel Figueiras, ceramista de Muros, realizará unha exhibición de facetado ás 18:00 horas. Nesa franxa horaria, Media Ducia animará as rúas cunha actuación musical. A última actividade do día será unha degustación de viño de tinalla con Choiva Viños ás 20:30 horas. Para participar cómpre reservar praza na páxina de Facebook da Olería de Buño.

Xa para o sábado 14 de agosto comezará o movemento ás 10:00 horas coa Ruta da Olería a cargo de Volta Montana, nun percorrido que finalizará ás dúas da tarde. Namentres, as rúas contarán con animación grazas a Media Ducia ás 12 horas.
As persoas que se acheguen a Buño o sábado poderán participar nunha tarde de xogos tradicionais que dará comezo ás 17:00 e que finalizará ás 21:00 horas. Por outra banda, ás 18:00 horas a Asociación Visibles organiza a charla-coloquio ‘Alfarería e a muller’, mentres que ás 19:00 realizarase un obradoiro a cargo da Olería do Batán, de Baños de Molgas, Ourense. Media Ducia volverá a tocar nas rúas antes do peche da xornada, ás 20:00 horas.

Un os puntos especiais desta Mostra darase o domingo coa actuación musical de Guadi Galego ás 14:00 horas. Para o concerto será necesario reservar asento enviando un correo a [email protected] indicando nome, número de teléfono e DNI.
Ademais, o Grupo Meigallo da ACD Carcaxía encargarase da derradeira actuación nesta edición da Mostra, arredor das 20:00h.

Novas relacionadas

Comentarios